Content-Length: 222703 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Br%C3%BCnn

Brno - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Brno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Brünn»)
Modelo:Xeografía políticaBrno
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 49°11′43″N 16°36′30″L / 49.1953, 16.6083
PaísRepública Checa
Regiões da República Checa (pt) TraducirRexión de Moravia Meridional
Distrito da República ChecaBrno (distrito) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación400.566 (2024) Editar o valor en Wikidata (1.740,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie230,182739 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSvratka (en) Traducir e Svitava (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude237 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1243 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
3 de maio de 1645Siege of Brno (1645) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMarkéta Vaňková (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal602 00–664 81 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Khárkiv (2008–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbrno.cz Editar o valor en Wikidata
BNE: XX457486

Brno é unha cidade do sueste da República Checa, situada na rexión de Moravia Meridional, na unión dos ríos Svitava e Svratka, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia. No ano 2019 tiña 406.878 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país despois da capital, Praga.

Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamengos e valóns, e despois xudeus.

A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.

Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 e 1645, e contra os prusianos en 1742.

No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara ao final do século XIX.

O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemá no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da primeira guerra mundial, Brno queda en Checoslovaquia. En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa. A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da segunda guerra mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Vila Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Br%C3%BCnn

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy