Content-Length: 59839 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Pterig%C3%B3podo

Pterigopodio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pterigopodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pterigópodo»)
Pterigopodios de Orectolobus maculatus.

O pterigopodio ou pterigópodo (do grego πτέρυξ, -υγος ptéryx, -ygos, "aleta" e a forma do latín científico -podium "pedestal", e tamén "pequeno pé", derivada do grego πούς, ποδός poús, podós, "pé") é un órgano empregado polos peixes cartilaxinosos machos na reprodución.

Os pterigopodios son o resultado dunha modificación da parte posterior das aletas pelvianas. De forma cilíndrica, enrolados e cos bordos sobrepostos, nos machos adultos están reforzados con sales de calcio. Cada pterigopodio conta á súa vez cun órgano subcutáneo, chamado sifón, cuxa función consiste en encherse de auga para despois expulsala mesturada con esperma.

Antes da cópula, o pterigopodio érguese e o seu sifón énchese de auga por un orificio para o efecto; na maioría dos casos só o fai un dos dous pterigopodios, que é o único co que se fará a penetración (como ocorre co semipene dos réptiles escamosos).

Despois de encherse de auga, o pterigopodio introdúcese na vaxina e abre como un paraugas. A exaculación é de auga e seme.

Os machos das quimeras teñen uns apéndices parecidos na cabeza; considérase que os empregan para axudar a suxeitar á femia.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pterig%C3%B3podo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy