Aberaeron
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Ceredigion | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.422 (2011) (898,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 158,28 ha | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | SA46 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 1545 | ||||
National Monuments of Wales (en) | |||||
Identificador | 33034 | ||||
Páxina web | aberaeron.info |
Aberaeron (do galés: Aberaeron estuario do Río Aeron, que deriva do galés medio aer - 'matanza',[1] que dá nome a Aeron, un deus galés da guerra[2]) é unha vila turística de Ceredigion, Gales. Localizada entre Aberystwyth e Cardigan, é a sede do Consello do Condado de Ceredigion. Ten costa coa Baía de Cardigan. A vila foi construída en 1805 no estuario do río Aeron. No 2001, tiña unha poboación de 1.520 habitantes.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A actual cidade foi deseñada e fundada a partir de 1805 polo reverendo Alban Thomas Jones Gwynne. O porto consturíuse apoiándose na industria da construción naval no século XIX. Un grupo de casas de obreiros e unha escola foron construídos no lado norte da baía.[4] Os barcos de vapor seguiron visitando o porto ata a década de 1920, e nos últimos anos, converteuse nun pequeno porto para as embarcacións de recreo. O estuario tamén está atravesado por unha ponte peonil de madeira.
A artesanía foi unha parte importante da vida da localidade. A información rexistrada nos directorios comerciais amosa que en 1830, aínda que non se desenvolvera plenamente como porto, había en Aberaeron un fabricante de la, un zapateiro, un panadeiro, un muíño de millo, un ferreiro e fabricante de pas, dous carpinteiros de ribeira e un fabricante de sombreiros.[5]
A finais da década de 1890, un teleférico alimentado a man, o Aeron Express, foi construído para transportar ós traballadores a través do porto cando a ponte foi derrubada polas asulagamentos. A estrutura foi recreada nos anos 1980 como unha atracción turística que se prolongou ata a fin do verán de 1994.
A arquitectura de Aberaeron é infrecuente nesta parte rural de Gales, xa que está construído arredor dunha praza principal de elegantes edificios agrupados arredor do porto. Foi unha obra de Edward Haycock, un arquitecto de Shrewsbury. Algúns edificios desta zona foron de suficiente interese como para aparecer nalgúns dos selos postais británicos.[4]
Persoas notables
[editar | editar a fonte]- Ron Davies, fotógrafo.
- Sir Geraint Evans, cantante de ópera.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Río Aeron
-
Black Lion Hotel na rúa Alban
-
Porto coa marea baixa
-
Ponte sobre o río Aeron
-
Peirao e outeiros
-
Antiga fábrica
-
Feathers Royal Hotel (antiga pousada)
-
Estatua de cabalo galés
-
Castle Hotel e rúa Market
-
Casas xeorxianas
-
Casa Northgate Toll, c. 1785
-
Avenida do Príncepe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Llewellyn's Complete Book of Names
- ↑ "BBC Wales—What's in a name?". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Office for National Statistics : Census 2001 : Parish Headcounts : Ceredigion". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 Aberaeron 1807–2007: Aberaeron Town Trail, celebrating our heritage Arquivado 13 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Heritage Treftadaeth, 2007 (under building 1 - General Storehouse)
- ↑ Jenkins, J. Geraint. Ceredigion: Interpreting an Ancient County. Gwasg Careg Gwalch (2005) pg. 83.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberaeron |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés) e (en galés)