Adolfo Rodríguez Saá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1947 (77 anos) San Luis, Arxentina |
Senador da Arxentina | |
20 de decembro de 2017 – 10 de decembro de 2023 Circunscrición electoral: Provincia de San Luis Electo en: 2017 Argentine legislative election (en) | |
Senador da Arxentina | |
10 de decembro de 2011 – 9 de decembro de 2017 Circunscrición electoral: Provincia de San Luis | |
Senador da Arxentina | |
10 de decembro de 2005 – 9 de decembro de 2011 Circunscrición electoral: Provincia de San Luis | |
Deputado da Arxentina | |
10 de decembro de 2003 – 9 de decembro de 2005 Circunscrición electoral: Provincia de San Luis | |
Presidente da Nación Arxentina | |
23 de decembro de 2001 – 30 de decembro de 2001 ← Federico Ramón Puerta – Eduardo Camaño → | |
Governor of San Luis province (en) | |
10 de decembro de 1983 – 22 de decembro de 2001 ← Hugo di Risio (en) – Alicia Lemme → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Justicialista (pt) |
Familia | |
Pai | Carlos Juan Rodríguez Saá |
Irmáns | Alberto Rodríguez Saá |
Parentes | Adolfo Rodríguez Saá, avó paterno |
Adolfo Rodríguez Saá, nado en San Luis, o 25 de xullo de 1947, é un político arxentino, que foi gobernador de San Luis de 1983 a 2001 e presidente da Arxentina entre o 23 e o 30 de decembro de 2001.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha das familias con maior avoengo da provincia de San Luis, descendente do revolucionario federal Juan Saá e de Carlos Juan Rodríguez. Estudou dereito na Universidade Nacional de Buenos Aires, graduándose en 1971.
Gobernador de San Luis
[editar | editar a fonte]Participou na actividade política desde moi novo e foi apoderado legal do Partido Xusticialista desde 1971. En maio de 1973, asumiu a acta de deputado provincial durante o goberno de Elías Adre, con quen rivalizou polo liderado do PX provincial. Converteuse en presidente do Bloque do FREJULI. Logo do golpe de estado de marzo de 1976 cesou nas súas funcións. Á volta da democracia, converteuse en gobernador de San Luis en 1983 co 40,48 % dos votos contra un 37,27 % da UCR.
Nas eleccións de 1987, volveu gañar Adolfo Rodríguez Saá co 52,12 % fronte ao 32,86 % a UCR. En 1991, gañou o P.X. co 50,57 %, e o segundo lugar foi para a UCR, co 38,11 %. O mesmo ocorreu en 1995, cando o P.X. obtivo o triunfo co 71,47 %, e a UCR. en segundo lugar, co 16,82 %. En 1999 Rodríguez Saá logrou un novo triunfo, co 54,9 %, contra o 44,5 % da Alianza.
En 1995 converteuse en vicepresidente do Consello Nacional Xusticialista e impulsou a denominada Fronte Federal Solidaria (FFS) de gobernadores xusticialistas para reafirmaren os intereses das once provincias pequenas diante das tres grandes: Buenos Aires, Córdoba e Santa Fe (ás que despois se sumaron Santa Cruz e A Pampa).[1] Foi presidente do Consello Federal de Investimentos desde o 19 de setembro de 2001 ata o 22 de decembro de 2001.
Presidente da Arxentina
[editar | editar a fonte]Cara á metade do seu quinto mandato como gobernador provincial, durante a crise de decembro de 2001 na Arxentina, a Asemblea lexislativa convocada polo senador Ramón Puerta (en exercicio do Poder Executivo) elixiuno Presidente da Nación para un período de 90 días, tras convocar a eleccións presidenciais mediante o controvertido sistema de lei de lemas. A primeira maxistratura do país quedara vacante tras as renuncias do vicepresidente Carlos "Chacho" Álvarez e do presidente Fernando de la Rúa.
A presidencia de Rodríguez Saa durou só sete días. Durante ese período proclamou a suspensión de pagamentos da débeda externa cos acredores privados, o cal nunca se chegou a concretar. Tamén anunciou a entrada en circulación dunha nova moeda non convertible, chamada Argentino —que nunca se emitiu—. Polas súas xestións logrou reunificar á CXT, polo que contou co apoio dos xefes sindicais, pero non o da UIA (Unión Industrial Arxentina) nin o dun importante sector do Partido Xusticialista, que discordaban coa decisión do mandatario de non desvalorizar a moeda de forma inmediata e non gradualmente como se propuña desde o Poder Executivo.[2] Nomeou o senador Jorge Capitanich como ministro de Infraestrutura e Vivenda e interino de Economía, de Desenvolvemento Social e Medio Ambiente, de Saúde, de Traballo, Emprego e Formación de Recursos Humanos e de Seguridade Social; e como presidente do Banco da Nación Arxentina a David Expósito, un economista e xornalista ao que lle pediu a renuncia logo das súas declaracións sobre o Argentino.[3][4]
Preparou unha lei de orzamentos para 2002, que incluía unha importante redución do déficit como pedía Anne Krueger do FMI.[5] Krueger tamén pedía unha nova lei de coparticipación, para determinar o xeito no que o goberno federal e os provinciais xestionaban o diñeiro procedente das taxas.[6] Rodríguez Saá convocou unha xuntanza cos gobernadores provinciais en Chapadmalal, pero só acudiron seis: Carlos Ruckauf, Juan Carlos Romero, Gildo Insfrán, Ángel Mazza, Carlos Rovira e Alicia Lemme. José Manuel de la Sota, gobernador de Córdoba, retiroulle o seu apoio, sospeitando que Rodríguez Saá quería suspender as eleccións e permanecer na presidencia ata 2003.[7] O 30 de decembro renunciou alegando a perda de apoios por parte do Partido Xusticialista.[8] O congreso aceptou a súa renuncia o 1 de xaneiro de 2002.
Pospresidencia
[editar | editar a fonte]Rodríguez Saá foi deputado nacional entre 2003 e 2005 e desde 2005 é senador. Concorreu varias veces á presidencia da Arxentina a última impulsada pola alianza Compromiso Federal ou peronismo disidente, que impulsou a súa candidatura á presidencia nas eleccións de 2015, como unha forma de replicar o “modelo San Luis” á Nación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centro de Estudios y Documentación de Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 02 de outubro de 2015.
- ↑ "Diario Perfil, 15 de xullo de 2007". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2015.
- ↑ "Curriculum Vitae de Jorge Capitanich". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2008. Consultado o 02 de outubro de 2015.
- ↑ "La Nación - 28/12/2001 - El Presidente le pidió la renuncia a Expósito, 28 de decembro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 02 de outubro de 2015.
- ↑ Reato, Ceferino (2015). Doce noches. Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9, p. 17
- ↑ Reato, Ceferino (2015). Doce noches. Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9, p. 40
- ↑ Matt Moffett and Michelle Wallin (31 de decembro de 2001). "Argentine President Rodriguez Saa Resigns After One Week in Office". The Wall Street Journal.
- ↑ Reato, Ceferino (2015). Doce noches Sudamericana. ISBN 978-950-07-5203-9. pp. 28-29