Content-Length: 68353 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Athletic_Club_(feminino)

Athletic Club (feminino) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Athletic Club (feminino)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Athletic Club Emakumeen Futbol Taldea (en éuscaro, Athletic Club Equipo de Fútbol Feminino) é un club español de fútbol feminino da cidade de Bilbao, sección feminina do Athletic Club. Creouse en 2002, tras a unión co Leioa EFT, club fundado en 2000 que militaba na Superliga, máxima categoría da liga femenina española. Na súa tempada de debut, as leoas lograron conquistar o campionato de liga, enchendo o estadio de San Mamés con 35.000 espectadores na xornada decisiva do torneo.[1] Logo virían dous títulos máis gañados de forma consecutiva e un cuarto en 2007, situándose como un dos clubs máis laureados da Superliga con catro títulos. O equipo feminino, ao igual que o masculino, só xoga con xogadoras nadas ou formadas no País Vasco. Conta cun segundo equipo, o Athletic Club EFT B.[2]

Cabe destacar entre as súas xogadoras a Iraia Iturregi, a primeira na historia que disputou 100 partidos co Athletic.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Las chicas rugieron más que los leones de San Mamés". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 25 de outubro de 2010. 
  2. "Datos do Athletic Club EFT B". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2010. 
  3. "Biografía de Iraia". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2007. Consultado o 25 de outubro de 2010. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Athletic_Club_(feminino)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy