Cantón de Schwyz
Schwyz (de) | |||||
Epónimo | Schwyz (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Schwyz (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Distrito de Höfe (pt) Einsiedeln District (en) Gersau District (en) Küssnacht District (en) March District (en) Schwyz District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 159.165 (2018) (175,32 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Swiss High German (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 907,88 km² | ||||
Altitude | 516 m | ||||
Punto máis alto | Bös Fulen (en) (2.801 m) | ||||
Punto máis baixo | lago de Zürich (406 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1240 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Cantonal Council of Schwyz (en) , (Escano: 100) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-SZ | ||||
Código NUTS | CH063 | ||||
Páxina web | sz.ch | ||||
O Cantón de Schwyz (en alemán: Schwyz, francés: Schwytz, en italiano: Svitto, en romanche: Sviz) é un cantón da confederación Suíza. É unha das tres comunidades rurais, xunto con Uri e Unterwalden, que fundaron a confederación. O cantón está cercado polo Lago dos Catro Cantóns (Lago de Lucerna) ao sur e o Lago de Zürich ao norte.
No 2007 a poboación era de 140.965. Cun territorio de 908 km², a densidade de poboación é de 153 hab/km².
Entre os residentes atópase o extenista Boris Becker.
Historia do topónimo
[editar | editar a fonte]O nome Schwyz recóllese por primeira vez en 972 como Suittes, o que a conecta cun líder lendario dos alamáns chamado Suito, que se dixo que se estableceu na área no século VII. O nome estendeuse á zona controlada por Schwyz, (o Ccantón de Schwyz) e máis tarde á Antiga Confederación Suíza: aínda que que outros cantóns tendían a estar en desacordo con esta denominación no século XV, o termo Schywzer adoptouse como autodenominación despois do 1499, e empregouse para designar abusos na Guerra Suaba e Eidgenossenschaft e Schwytzerland usáronse de forma intercambiable no século XVI.
Na capital consérvanse os arquivos nacionais da confederación, no Museo Nacional de Letras (Bundesbriefmuseum), no que se mostra o estatuto de 1291 polo cal os cantóns de Schwyz, Uri e Unterwalden declaráronse independentes do Imperio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O cantón de Schwyz está situado na Suíza central. As tres cuartas partes do territorio están cubertas por outeiros, o que permite que estas terras sexan aptas para a agricultura. Da terra produtiva preto de 240 km² están cubertos de fragas. Os lagos ocupan 65 km². Esta área está composta por parte do Lago de Lucerna e do Lago de Zürich. Só unha pequena parte do Lago de Zug está dentro do cantón. Outros lagos máis pequenos son o Lago de Lauerz (Lauerzersee) e o Lago do Sihl (Sihlsee), que están completamente ao interior do cantón.
O territorio cantonal limita cos cantóns de: Zug, Zürich e Sankt Gallen ao norte, con Glarus ao leste, con Uri e Nidwalden ao sur, e con Lucerna ao leste.
O punto máis alto é o Ortstock con 2.716 msnm, aínda que a montaña máis famosa do cantón é o Rigi (Kulm, 1.798 msnm, e Scheidegg, 1.665 msnm). A superficie total do cantón é de 908 km².
Historia
[editar | editar a fonte]No norte do cantón, preto do lago de Zürich, atopáronse indicios dun poboamento da zona dende fai 5.000 anos. Acháronse vestixios que datan da idade da Pedra e da Idade de Bronce.
Hai uns 1.400 anos, as tribos xermánicas asentáronse no territorio do cantón; isto influenciou a agricultura e a forma de vida dos locais. O cristianismo só chegou no século VII.
O 1 de agosto de 1291, o cantón de Schwyz fundou a Confederación Helvética xunto cos cantóns de Uri e Unterwalden. O cantón de Schwyz foi quen guiou á Confederación, de forma que en 1320 o nome do cantón era aplicado para toda a confederación, ata que en 1803 o nome de Suíza (Schweiz) converteuse no nome oficial da nación. O nome da nación (Schweiz) derívase xustamente do nome de Schwyz, como o é igualmente a bandeira da Confederación.
Entre 1798 e 1803 o cantón de Schwyz formou parte da República Helvética. Enseguida recuperou a súa independencia e moitos dos cambios introducidos por Napoleón foron anulados. Isto causou a división do cantón; en 1830 creouse o cantón Schwyz externo, pero este reunificouse en 1833. En 1845 o cantón uniuse á liga separatista católica romana (Sonderbund). Isto permitiu que o cantón volvese ser un membro de pleno dereito da Confederación.
A constitución de 1848 puxo fin á asemblea pública (Landsgemeinde: os habitantes do cantón reuníanse e decidían as leis). A constitución foi revisada no 1876 e 1898.
Economía
[editar | editar a fonte]Gran parte do cantón depende da agricultura. A raza de bovinos local é famosa. O téxtil foi de grande importancia para o cantón, pero agora cesaron case de producirse. A poboación concéntrase ao redor da capital Schwyz, na que se atopan varias fábricas de artigos de luxo.
Freienbach, na parte norte do cantón, é coñecida por ter os impostos máis baixos de toda Suíza, o que atrae a un gran número de persoas adiñeiradas.
Demografía
[editar | editar a fonte]O cantón de Schwyz conta con preto de 131.400 habitantes (2002). A lingua oficial é o alemán, aínda que a xente fala o dialecto da Suíza central. A relixión principal é o catolicismo.
Municipalidades
[editar | editar a fonte]As cidades máis grandes son Schwyz e Einsiedeln. O cantón está dividido en seis distritos e 30 municipalidades.