Circuíto de Ain-Diab
Circuíto de Ain-Diab | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1957 |
Outros nomes | |
Carreiras | Gran Premio de Marrocos de Fórmula 1 |
Localización | Marrocos, Casablanca |
Capacidade | |
Lonxitude | 7,618 km. |
Curvas | |
Volta rápida (1958) | 2:22.5 |
Piloto récord | Stirling Moss |
Escudería récord | Vanwall |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Ain-Diab foi un circuíto de carreiras de Fórmula 1 construído en 1957, ao sueste de Ain-Diab en Marrocos, que usaba a estrada costeira existente e o camiño principal que une Casablanca e Azamor.
O trazado de 7.618 km foi deseñado polo Real Club de Automóbiles de Marrocos e recibiu a plena aprobación do sultán Mohammed V. A súa construción demorou seis semanas. O 19 de outubro de 1958 foi a sede do Gran Premio de Marrocos de 1958, carreira final na tempada de 1958 de Fórmula 1, e que foi gañada por Stirling Moss a bordo dun Vanwall, completando as 53 voltas en 2h 09m 15.1s.
Houbo un terrible accidente durante a carreira, cando o motor do Vanwall de Stuart Lewis-Evans explotou, o que fixo que o auto envorcásese e chocase. O piloto sufriu graves queimaduras, morrendo nun hospital de Inglaterra seis días despois.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Ain-Diab
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneus. | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1958 | Stirling Moss | Vanwall | Vanwall | D | 2:09:15,1 h | 7,618 km | 53 | 187,427 km/h | 19. outubro | Marrocos |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto de Ain-Diab |