Content-Length: 89864 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Epiglote

Epiglote - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Epiglote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A epiglote[1] (do gr. ἐπί 'sobre', γλωττί-ς/-δος 'lingüeta' e ίς/-ίδα 'elemento anatómico'] é unha estrutura húmida, cartilaxinosa que forma parte do esqueleto cartilaxinoso da larinxe. Tamén marca o límite entre a orofarinxe e a laringofarinxe. A epiglote obstrúe o paso do bolo alimenticio no momento da deglución evitando que este se vaia ao sistema respiratorio. En canto a como baixa o bolo pola farinxe sen entrar á larinxe; débese imaxinar o bolo non como unha grande esfera de alimento descendendo pola farinxe senón como acumulacións pequenas de alimento esvarando polos recesos piriformes, formados entre o espazo existente entre a epiglote e as paredes laterais da oro e laringofarinxe. O bolo, encamiñándose cara ao esófago e pasando por ambos os lados da glote, que ademais no momento da deglución esta ascende para así evitar que os alimentos invadan a vía aérea, non entra na glote pois os recesos piriformes encamíñano correctamente cara á vía alimenticia e non aérea. (Tomado do artigo de larinxe).

Durante a respiración o veo do padal descende, facilitando o libre paso do ar pola farinxe, cara á larinxe e a traquea; a epiglote permanece levantada en todo momento.

O peche da larinxe ocorre cando os pregues vestibulares e vocais achéganse á liña media durante a deglución. Ocasionalmente, cando se come moi rápido, os alimentos sólidos ou os líquidos poden entrar na larinxe.

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2020-11-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Epiglote

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy