FORAN
FORAN | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | SENER Ingeniería y Sistemas, S.A. |
Última versión | FORAN V80 (decembro de 2012[1]) |
Sistema operativo | Windows |
Tipo | CAD/CAM 3D |
Licenza | Propietaria |
Sitio web | www |
FORAN (as iniciais en castelán de «Formas Analíticas») é un programa informático CAD/CAM/CAE para o deseño de buques e o sector naval da empresa SENER de Bilbao.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da empresa están en 1956 cando o enxeñeiro naval Enrique de Sendagorta funda SENER, primeira enxeñería española independente e allea aos estaleiros e ao sector militar e ás súas escolas de aprendices. Con sede en Bilbao, Sener céntrase na execución de proxectos navais dende as súas orixes[2], entón a empresa tiña 18 empregados, case todos delineantes. Hoxe a empresa ten máis de 1.000 traballadores.
En 1967 Sener presenta FORAN. Posiblemente o primeiro sistema mundial para facer os cálculos das formas de buques. Ata entón facían falta meses para presentar os planos de detalle construtivo e cálculos, todo feito a man. O programa fíxose con recursos propios, cun IBM 1130 e un plotter. O proxecto iniciouse con 12 millóns de pesetas de Sener e outros 50.000 dólares achegados por Litton Systems Incorporated, unha contrata da Armada dos Estados Unidos de América.
Foran forma parte dun grupo de empresas liderado por Sener Ingeniería y Sistemas S.A e ITP.
FORAN
[editar | editar a fonte]FORAN é empregado por máis de 150 oficinas técnicas e estaleiros de 30 países no deseño de todo tipo de buques. O sistema FORAN está baseado en módulos independentes para o deseño das distintas partes dos buques.
Os subsistemas FORAN están deseñados para:
- FORAN Deseño Inicial (formas do buque e características)
- FORAN Estrutura (materiais e enxeñería)
- FORAN Maquinaria e Armamento (equipamento)
- FORAN Deseño Eléctrico (cabreado e maquinaria)
- FORAN Drafting & Mechanical. CAD (planos construtivos)
Estes módulos compleméntanse con outros como a realidade virtual. Deseño e visionado en 3D do buque o que permite ver como será o buque no proceso de deseño e a súa construción. SENER vende as licenzas do programa xunto coa formación dos técnicos que o empregarán. Esa formación faise tanto nas súas oficinas como nas dos seus clientes. Actualmente o programa funciona baixo Windows baixando moito os requirimentos de hardware que tiña nos anos 1990 cando empregaba ata chaves de hardware para evitar a súa copia. Nos inicios o programa estaba só dispoñible en inglés e toda a documentación era nesa lingua. Tampouco existía documentación técnica nin información do programa proporcionada por empresas alleas a SENER.
O programa pode intercambiar datos en múltiples formatos: DWG, DXF, IGES, STEP, VDA, VRML e XML.
Clientes
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | Características |
---|---|---|
1965 | V1 | Uso interno de Sener |
1969 | V4 | Primeiro Cliente, E.N. Bazán |
1973 | V6 | Primeiro cliente internacional |
1987 | V20 | Deseño 3D |
1993 | V30 | Deseño de estrutura e equipamento |
1997 | V40 | Versión para Windows |
2000 | V50 | Novo Kernel Oracle RDBMS |
2005 | V60 | Deseño colaborativo |
2010 | V70 | 64 bits |
2015 | V80 | V80R2 |
Fonte: Ingenieros Navales[3] |
Foran é empregado en España por empresas como[4]:
- Navantia
- Gondán (Asturias)
- Abance
- Construcciones Navales del Norte
- Aries
- Ghenova
- Seaplace
- Dinain (Galiza)
- Ministerio de Defensa (Armada Española)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SENER Launches the New FORAN V70R2.0". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ "Inicio» Acerca de SENER» Historia» 1956-1960» Sener". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ "Ingenieros Navales Sener Foran". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2020. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ 50 aniversario de FORAN
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alejando Gándara. Sener, la historia de su tiempo 1956-2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Sener (en varias linguas).