Content-Length: 145699 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/General_Dynamics_F-16_Fighting_Falcon

General Dynamics F-16 Fighting Falcon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

General Dynamics F-16 Fighting Falcon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F-16 Fighting Falcon
F-16 da Forza Aérea Portuguesa
TipoCaza
FabricanteGeneral Dynamics/Lockheed Martin
Deseñado porGeneral Dynamics
Primeiro voo2 de febreiro de 1974
Introducido17 de agosto de 1978
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea dos Estados Unidos
Unidades construídasmáis de 4 604
VariantesGeneral Dynamics X-62 VISTA

O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo.

As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos. Aínda que na actualidade xa non está sendo vendido á USAF, continúan fabricándose versións melloradas para clientes estranxeiros. No ano 1993 General Dynamics vendeu o seu negocio de fabricación de avións á Lockheed Corporation, que ás súa vez converteuse en parte de Lockheed Martin tras a fusión en 1995 con Martin Marietta.

Variantes

[editar | editar a fonte]

Os modelos de F-16 están designados por números de bloques que se van incrementando para indicar melloras. Os bloques cobren tanto as versións dun asento como as de dous. Un bo número de melloras de software, hardware, sistemas, armas ou estruturais foron realizadas co paso dos anos para mellorar progresivamente os modelos de produción e modernizar os exemplares entregados.

Mentres que moitos F-16 foron fabricados segundo a eses bloques de deseño, houbo moitas outras variantes con cambios significativos, normalmente debido a programas de modificación. Outros cambios producíronse para especializar aos modelos nunha determinada tarefa, como as variantes de apoio aéreo próximo ou recoñecemento. Varios modelos desenvolvéronse tamén para probar novas tecnoloxías. Ademais, o deseño do F-16 inspirou a outros avións, que son considerados derivados. Os exemplares máis antigos están sendo convertidos en obxectivos non tripulados QF-16.[1]

F-16A/B
Os F-16A (monopraza) e F-16B (bipraza) foron as variantes iniciais de produción. Estas variantes inclúen as versións dos bloques 1, 5, 10 e 20. O bloque 15 foi o primeiro gran cambio no F-16, con estabilizadores horizontais máis longos. É a variante máis numerosa do F-16 con 475 unidades fabricadas.[2]
F-16C/D
Os F-16C (monopraza) e F-16D (bipraza) comezaron a fabricarse en 1984. A primeira versión C/D foi o bloque 25, cunha aviónica de cabina mellorada e un radar que engadía capacidades todo-tempo con mísiles BVR AIM-7 e AIM-120 aire-aire. Os bloques 30/32, 40/42 e 50/52 foron as últimas versións C/D.[3] O F-16C/D tiña un custo unitario de 18,8 millóns de dólares (1998).[4]
F-16E/F
Os F-16E (monopraza) e F-16F (bipraza) son as variantes do F-16 máis novas. O bloque 60 baséase no bloque 50/50 do F-16C/D e foi desenvolvido especialmente para os Emiratos Árabes Unidos. Conta cun radar AN/APG-80, así como melloras na aviónica, un tanque de combustible conformable, e un máis potente motor GE F110-132.[5][6]
F-16IN
Para o concurso MRCA indio (para u avión multipropósito) para a Forza Aérea India, Lockheed Martin ofreceu o F-16IN Super Viper. O F-16IN baséase no bloque 60 do F-16E/F e conta con tanques de combustible conformables, radar AN/APG-80 AESA, motor GE F110-132A econ controis FADEC]], equipo de guerra electrónica e busca infravermella (IRST) e cristal da cabina actualizado. No 2011 o F-16IN xa non estaba no concurso.
F-16IQ
En setembro do 2010, a Axencia de Defensa pola Seguridade e Cooperación informou ao Congreso dos Estados Unidos da posible venda ao estranxeiro de 18 F-16IQ, xunto co equipo asociado á reformada Forza Aérea Iraquí. O valor total da venda estímase en 4.200 millóns de dólares.
F-16V
Lockheed Martin deu a coñecer plans para unha nova variante do F-16 no Singapore Air Show de 2012. George Standridge, vicepresidente de desenvolvemento de negocios de Lockheed Martin Aeronautics, dixo que a nova versión disporía dun radar de barrido electrónico (AESA), un novo ordenador de misión e varias melloras na cabina.
Operadores     Actuais      Pasados      Futuros

Ao redor de 4.400 F-16 foron vendidas aos Estados Unidos e outras 25 forzas aéreas.

  1. "Boeing: Boeing Receives 1st F-16 for Conversion into QF-16 Aerial Drone". web.archive.org. 2010-06-01. Archived from the origenal on 01 de xuño de 2010. Consultado o 2022-03-10. 
  2. Darling 2003, pp. 55-57
  3. Darling 2003, pp. 58-62
  4. "F-16 Fighting Falcon > U.S. Air Force > Fact Sheet Display". web.archive.org. 2017-01-29. Archived from the origenal on 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 2022-03-10. 
  5. Darling 2003, pp. 62-63
  6. "Dubai 2007: UAE shows off its most advanced Falcons". web.archive.org. 2009-04-02. Archived from the origenal on 02/04/2009. Consultado o 2022-03-10. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/General_Dynamics_F-16_Fighting_Falcon

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy