Content-Length: 257917 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Joigny

Joigny - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Joigny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJoigny
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°58′56″N 3°23′50″L / 47.9822, 3.3972
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado
DepartamentoYonne
Distritosarrondissement of Sens (en) Traducir
Cantão francês (pt) Traducircanton of Joigny (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
canton of Joigny (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.218 (2021) Editar o valor en Wikidata (197,51 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921487 Traducir
Q114361113 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie46,67 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Yonne Editar o valor en Wikidata
Altitude96 m-74 m-252 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal89300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Godalming (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webville-joigny.fr Editar o valor en Wikidata
Twitter: VilledeJoigny Editar o valor en Wikidata

Joigny é un concello francés situado no departamento do Yonne, que pertence á rexión da Borgoña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Joigny atópase no centro do departamento do Yonne, a 27 km ao norte deAuxerre, a 30 km ao sur de Sens, a 75 km ao oeste de Troyes e a uns 140 km ao sueste de París. Pertencen ao concello uns 44,89 km², onde viven 10.032 persoas conforme o censo de 1999.

Joigny foi ocupado dende o neolítico e tamén en época romana, onde recibía o nome de Joviniacum. En época merovinxia iníciase a construción dunha praza forte no século X, por orde de Raynard o Vello, conde de Sens, que suporá o nacemento da cidade actual. A data de fundación oficial é 996.

Pouco máis se sabe dela en varios séculos de historia (un incendio a asolou en 1530), dunha cidade que pertencía á rexión de Champaña. A economía agraria tradicional tiña unha estrela particular, o viño, que foi a fonte da riqueza de Joigny ata a aparición da filoxera. Coa creación dos departamentos trala Revolución Francesa, Joigny pasa a pertencer á rexión de Borgoña, co grao de subprefectura, que perde en 1926.

Durante a segunda guerra mundial sofre diversos bombardeos, particularmente o centro histórico (a praza Saint-Jean, a porta Saint-Jean e a Casa do Bailío, que tivo que ser recnstruída).

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Joigny está irmandada coa cidade (alemá) de Mayen, coa inglesa de Godalming, coa estadounidense de Hanover, coa italiana de Amelia e coa tamén francesa de Joigny-sur-Meuse, que se atopa no departamento de Ardenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Joigny

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy