Content-Length: 106584 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Kanji

Kanji - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kanji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
os dous ideogramas que simbolizan "kanji", xunto coa súa transcrición á dereita, en pequeno, en furigana

Kanji (漢字, literalmente "carácter han") é o nome dos caracteres chineses utilizados na escrita da lingua xaponesa

Dentro do proceso de consolidación da linguaxe xaponesa, á par dun desenvolvemento de alfabeto silábico, adoptouse o sistema ideográfico chinés para expresar a lingua. O uso dos kanji é un dos tres principais xeitos de escrita xaponesa, os outros dous son hiragana e katakana, agrupados como kana.

Os kanji úsanse para expresar só conceptos, a diferenza do chinés, onde poden ser tamén utilizados no seu carácter fonético. Nunha mesma palabra poden convivir kanji con kanas: a un kanji corresponde un significado e usase como determinante da raíz da palabra, mentres que as derivacións, conxugacións e accidentes exprésanse mediante o uso de kana (en especial de hiragana) co nome de Okurigana, así conviven tanto o sistema de escrita autóctono e o sistema importado.

Unha pequena curiosidade é que o xaponés, ao adquirir a escrita Han no século VII, mantén case inalterados os símbolos que na China continental foron reformados (simplificados) durante a Revolución Cultural dos anos 60.

Un kanji pode ter diferentes pronuncias, ou "lecturas", dependendo do contexto, uso en combinación, e maila súa localización na oración. Algúns kanji comúns teñen dez ou máis posibeis lecturas. Estas lecturas son categorizadas nas derivadas do chinés, onyomi (音読み) ou na lectura nativa kunyomi (訓読み). Comunmente úsanse dúas lecturas, unha de kunyomi e outra de onyomi coas súas alteracións fonéticas accidentais.

O xeito de ler un kanji depende do contexto e de dúas xeneralidades (nas cales hai moitas excepcións):

  • Unha palabra dun só kanji ou seguida de okurigana, lese como kun'yomi. Tal é o caso dos verbos, por exemplo ver (miru, 見る), ten un okurigana que lle dá lectura xaponesa.
  • Unha combinación de kanji nunha palabra dá unha lectura on'yomi. É o caso do kanji do 'campo de arroz' (ta, 田), que cando se usa en combinación con outro, lese da (honda, 本田).

Uso de kanjis en Occidente

[editar | editar a fonte]

Á parte da escrita de idiomas do leste asiático, os kanji teñen pouco ou nulo uso en lugares onde domina o alfabeto latino. Popularmente, e pola complexidade dos seus trazos e o críptico que poden chegar a ser, utilízanse como ornamentos, os cales incluso alcanzan a cultura do tatuaxe. Con base na estética dos caracteres, tamén se usaron como proxectos de deseño nas escolas da materia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Kanji

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy