Content-Length: 141723 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_c%C3%A9lticas_continentais

Linguas célticas continentais - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Linguas célticas continentais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Célticas continentais
Falado en:
Total de falantes: Extintas
Familia: Indoeuropea[1][2]
 Linguas célticas
  Célticas continentais
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas célticas continentais son as linguas célticas, todas extintas hoxe, que se orixinaron e se falaron no continente europeo, en oposición ás linguas célticas insulares, con orixe nas illas británicas (das que aínda hoxe se falan seis). Trátase dun agrupamento de linguas celtas en termos xeográficos e non puramente lingüísticos. Eran faladas por pobos que os cronistas romanos e gregos chamaron Keltoi, Celtae, Galli e Galatae. A súa extensión facía un arco que abranguía dende a Península Ibérica no oeste até os Balcáns e Anatolia no leste.

Aínda que a lingua bretoa se fala na Europa continental dende aproximadamente o século VI, non está considerada unha lingua céltica continental. Trátase dunha lingua britónica estreitamente relacionada co córnico e o galés.

Linguas célticas continentais testemuñadas

[editar | editar a fonte]

Aínda que é probábel que os pobos celtas falasen ducias de linguas e dialectos diferentes por toda Europa en época prerromana, só un pequeno número delas están suficientemente testemuñadas:

  • lepóntico (entre o século -VII e o -III;[3] adoita considerarse un dialecto do galo). Falábase na parte sur dos Alpes e hai evidencia da súa existencia por inscricións e topónimos.
  • galo (entre o século -III e o II).[3] Era a lingua principal falada na Galia. Adóitanse distinguir dous dialectos: o cisalpino (actual parte italiana dos Alpes) e o transalpino (actual parte francesa). Existen varias inscricións, topónimos e nomes de tribos en escritos de autores clásicos.
  • gálata (entre o século -III e o IV). Falábase en Ancara, no que hoxe é o centro de Turquía. Os cronistas clásicos rexistraron que a lingua era similar ao galo, polo que podería considerarse un dialecto. Tamén hai probas de invasións e asentamentos na zona de Ancara por pobos celtas de Europa.
  • nórico (século I ou século II?). É o nome polo que se coñecen os dialectos célticos que se falaban en Europa central e do leste (actualmente Austria e Eslovenia). Só se conservan dous fragmentos de textos nos que se atopan numerosos nomes propios e topónimos.
  • celtibérico (século -I).[3] É o nome polo que se coñece a lingua falada no nordeste de Iberia, entre as cabeceiras dos ríos Douro, Texo, Xúcar, Turia e Ebro. Consérvanse arredor de 200 inscricións, así como topónimos. É unha lingua distinta do ibérico.
  • galaico, está testemuñada por un pequeno corpus de inscricións latinas nas que se atopan palabras illadas e frases que son inconfundiblemente célticas.[4] Falábase no noroeste da Península Ibérica, abranguendo Galicia, o occidente de Asturias e de Castela e León, así como o norte de Portugal.

Uso do termo

[editar | editar a fonte]

A expresión celta continental úsase en contraste con céltico insular. Mentres a maioría dos investigadores concordan en que o celta insular é unha rama distinta do celta, que sufriu innovacións lingüísticas comúns, non hai evidencia de que as linguas célticas continentais poidan ser clasificadas deste xeito. De feito, o termo celta continental só se refire ás linguas célticas non insulares: é, xa que logo, unha definición negativa. Como conservamos pouco material desta slinguas celtas continentais a análise da lingüística histórica baseada no método comparativo é difícil de realizar.

  1. Old European (ed.). "North-West Indo-European". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2019. 
  2. Academia Prisca (ed.). "North-West Indo-European". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Pierre-Yves Lambert, La langue gauloise, éditions errance 1994. p. 14.
  4. Prósper, B.M. (2005). Estudios sobre la fonética y la morfología de la lengua celtibérica en Vascos, celtas e indoeuropeos. Genes y lenguas (coauthored with Villar, Francisco). Ediciones Universidad de Salamanca, pp. 333-350. ISBN 84-7800-530-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ball M e Fife J (1993). The Celtic Languages.
  • Cowgill, Warren (1975). "The origens of the Insular Celtic conjunct and absolute verbal endings". En Reichert. Flexion und Wortbildung: Akten der V. Fachtagung der Indogermanischen Gesellschaft, Regensburg, 9.–14. September 1973. Wiesbaden. pp. 40–70. ISBN 3-920153-40-5. 
  • Galliou, Patrick; Michael Jones (1991). Blackwell, ed. The Bretons. Oxford. ISBN 0-631-16406-5. ISBN 063120105X. 
  • McCone, Kim (1991). "The PIE stops and syllabic nasals in Celtic". Studia Celtica Japonica 4. pp. 37–69. 
  • McCone, Kim (1992). "Relative Chronologie: Keltisch". En R. Beekes; A. Lubotsky; J. Weitenberg. Rekonstruktion und relative Chronologie: Akten Der VIII. Fachtagung Der Indogermanischen Gesellschaft, Leiden, 31. August–4. September 1987. Institut für Sprachwissenschaft der Universität Innsbruck. pp. 12–39. ISBN 3-85124-613-6. 
  • Schrijver, Peter (1995). Rodopi, ed. Studies in British Celtic historical phonology. Ámsterdam. ISBN 90-5183-820-4. 
  • Stifter, David (2008), Old Celtic 2008 (classroom material), [1]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_c%C3%A9lticas_continentais

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy