Content-Length: 409939 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Massachusetts

Massachusetts - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Massachusetts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMassachusetts
Commonwealth of Massachusetts (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAll Hail to Massachusetts (en) Traducir (1981) Editar o valor en Wikidata

Lema«Ense petit placidam sub libertate quietem (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialPoecile atricapillus (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Bay State Editar o valor en Wikidata
EpónimoGreat Blue Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°18′N 71°48′O / 42.3, -71.8
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalBoston Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación7.029.917 (2020) Editar o valor en Wikidata (257,17 hab./km²)
Número de fogares2.646.980 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27.336 km² Editar o valor en Wikidata
Auga26,1 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude150 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Greylock (pt) Traducir (1.064 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de febreiro de 1788 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivogovernment of Massachusetts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Massachusetts (en) Traducir Editar o valor en WikidataMaura Healey (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCorte Xeral de Massachusetts , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal Judicial de Massachusetts (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-MA Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS606926 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmass.gov Editar o valor en Wikidata
Twitter: massgov Instagram: massgov BNE: XX452359 Editar o valor en Wikidata

A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente fixo parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa poboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.

A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.

Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.

O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.

O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.

O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, como o famoso Cape Cod, e moitos outros lugares de Nova Inglaterra.

Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

Nativos indíxenas xa vivían na rexión hai máis de 10 mil anos. Diversas tribos indíxenas, todas da familia indíxena algonquina, habitaban a rexión cando chegaron os primeiros europeos, a comezos do século XVII. Estímase que a poboación de amerindios entón era de aproximadamente entre 25 e 40 mil. Porén, as doenzas contaxiosas traídas polos europeos -para as cales o sistema inmunolóxico dos indíxenas nunca entrara anteriormente en contacto - decimaron a poboación indíxena. Nun século, ata a década de 1620, a poboación amerindia caera a apenas 7 mil indíxenas.

En 1602, o británico Bartholomew Gosnold desembarcou en Cape Cod, no extremo oriental do estado. Considérase que este cabo foi nomeado así por Gosnold. O francés Samuel de Champlain mapeou o litoral da Nova Inglaterra ao longo de 1605 e 1606, incluíndo o litoral do actual Massachusetts. En 1614, o capitán británico John Smith fixo un mapeamento máis extensivo do litoral.

Os puritanos, membros da Igrexa Anglicana da Inglaterra, querían reformas inmediatas da Igrexa, facendo presión por tales reformas ao longo do século XVI, pero só conseguiron ser discriminados no Reino Unido. Varios deles romperon totalmente coa Igrexa e pasaron a ser acusados de separatistas pola poboación anglicana. Despois das numerosas exploracións europeas no continente americano no inicio do século XVII, estes puritanos comezaron a considerar a idea de fundar unha colonia no Novo Continente e o 16 de setembro de 1620, 102 británicos, dos cales 41 eran puritanos, embarcaron no Mayflower para ancorar en Cape Rod o 11 de novembro. Os 102 colonos decidiron crear un plan de administración antes de fundar oficialmente un asentamento permanente, plano coñecido como The Mayflower Compact. En decembro, os colonos fundaron oficialmente Plymouth, o segundo asentamento británico permanente nas Américas.

Os habitantes de Plymouth sufriron moito no primeiro inverno na rexión. Os alimentos, obtidos a través da caza, eran insuficientes, as casas eran precarias e as roupas dos colonos -que non tiñan idea do rigoroso clima da rexión no inverno- non os protexían adecuadamente do frío intenso da rexión. Aproximadamente a metade dos colonos morreu. Durante a primavera, xa en 1621, os colonos de Plymouth estableceron relacións amigables cos nativos indíxenas, que ensinaron aos colonos a cultivaren soia e millo e usar a pel dos animais cazados para confeccionar roupas adecuadas para o inverno. Os colonos tamén construíran casas máis resistentes. Así puideron enfrontarsen con éxito ao inverno de 1621 - 1622. Para celebrar este feito, crearon unha festa anual que terminou converténdose na Semana de Acción de Grazas.

As noticias do éxito do asentamento de Plymouth atraeron a máis británicos, a maioría puritanos, que fundaron novos asentamentos nas proximidades de Plymouth, á que consideraban a capital. En 1640, a colonia de Plymouth tiña 8 asentamentos e máis de 2.500 habitantes.

En 1628, a Compañía da Baía de Massachusetts, unha compañía británica, enviou un grupo de puritanos á Baía de Massachusetts. En 1629, a colonia de Massachusetts Bay Colony foi oficialmente creada polo goberno británico, dando a esta compañía o dereito de asentar, colonizar e administrar a rexión. En 1630, John Winthrop, xunto con outros mil colonos, fundaron un asentamento que se tornaría despois na cidade de Boston.

A colonia da Baía de Massachusetts prosperou economicamente, grazas ao cultivo de tabaco. En 1640, a colonia tiña máis de 10.000 habitantes. En 1641, a colonia redactou unha constitución rudimentaria e unha forma democrática de goberno, pero prohibiu a práctica de calquera relixión a non ser o puritanismo. Varios colonos, en busca de liberdade relixiosa, mudáronse para outras colonias xa estabelecidas, como Maryland e Virxinia, e fundaron Connecticut en 1635, Rhode Island en 1636, Nova Hampshire en 1638 e Maine en 1680. Todos estes asentamentos facían parte da colonia da Baía de Massachusetts, aínda que Connecticut e Rhode Island tornáronse colonias separadas en 1637.

En 1675, a tribo algonquina wampanoag iniciou unha guerra contra as colonias británicas de Plymouth e da Baía de Massachusetts. Esta tribo estaba liderada por Metacomet, que consideraba que os colonos, cedo ou tarde, ían exterminar os indíxenas e ocupar as súas terras. O pai de Metacon, Massasoit -que era líder dos wampanoag ata a súa morte, cando foi sucedido polo seu fillo- tivera relacións amigables cos colonos de Plymouth desde a primavera de 1621. A guerra perdurou por un ano ata que un indíxena, loitando do lado dos colonos, matou a Metacon. A guerra xa causara a morte de centenas de persoas, incluíndo mulleres e nenos, en ambos os lados.

En 1680, o goberno británico creou a provincia colonial de Nova Hampshire, mediante a secesión do norte da colonia da Baía de Massachusetts.

A colonia comercializaba abertamente con varios países, aínda que o Reino Unido consideraba que o único país con quen as colonias británicas tiñan o dereito de comercializar era coa metrópole, o Reino Unido, e a colonia da Baía de Massachusetts non era unha excepción. En varias ocasións, o Reino Unido intentou monopolizar o comercio entre a Baía de Massachusetts e outros países, pero o comercio da colonia británica con outros países continuou. Como represalia, a Compañía da Baía de Massachusetts perdeu o dereito de gobernar a colonia en 1684, que foi entón ocupada por tropas británicas, e pasou a ser gobernada directamente polo Reino Unido, xunto con outras colonias da Nova Inglaterra.

En 1689, os habitantes de Massachusetts depuxeron o gobernador da colonia, Edmund Andros, que fora escollido polo rei Xacobe II de Inglaterra. O sucesor deste, Guillerme de Orange e a súa esposa, María, crearon en 1691 a provincia colonial de Massachusetts, mediante a fusión da provincia colonial de Plymouth co que era a provincia colonial da Baía de Massachusetts, creando unha única provincia colonial, gobernada por un Tenente Gobernador, un enviado da coroa británica.

Massachusetts participou activamente da primeira guerra franco-india, iniciada en 1689 e que durou ata 1713, entre colonos de Nova Francia e Nova Inglaterra. Despois do fin da guerra, a economía de Massachusetts comezou a prosperar, a través do cultivo de tabaco, soia, e millo, e foron fundadas novas cidades. A segunda guerra franco-india comezou en 1740 e, de novo, o estado participou activamente, enviando tropas. A guerra rematou en 1763, coa vitoria definitiva dos británicos.

As diversas guerras franco-indias deixaron o Reino Unido cunha débeda de máis de 136 mil libras esterlinas. Para pagar as débedas, o goberno británico instituíu varios impostos nas trece colonias pero que foron ignorados por Massachusetts. A Stamp Act of 1765, un imposto que se aplicaba a todos os documentos, intercambios comerciais e xornais nas 13 colonias, produciu grandes protestas en Massachusetts. Entón, ningunha das 13 colonias dispuña de representación no Parlamento do Reino Unido, e o lema No taxation without representation (Non aos impostos sen representación) tornouse nun grito de guerra da poboación do estado. Nunha manifestación, os colonos aforcaron un cobrador de impostos británicos, e queimaron a súa casa. Noutra manifestación, destruíron a casa do Tenente Gobernador do Massachusetts.

Imaxe dos colonos destruíndo o té británico importado da China, no porto de Boston.

En 1770, nunha destas manifestacións, tropas británicas mataron varios colonos. Este incidente, coñecido como "O Masacre de Boston", indignou aos colonos das 13 colonias británicas. John Hancock, de Boston, liderou un boicot contra o té vendido pola Compañía Británica das Indias Orientais. O 16 de decembro de 1773, preto de 60 colonos, vestidos como amerindios mohawk, destruíron 342 caixas de té en barcos británicos ancorados no porto de Boston, botando o contido nas augas da baía, no evento que ficou coñecido como a Festa do Té. Os británicos ordenaron a prisión dos 60 colonos, do pagamento da debida indemnización e o peche do porto de Boston, que pasou a ser ocupada por forzas británicas.

O 18 de abril de 1775, tropas británicas marcharon en dirección á Concord para confiscar os depósitos de armas e municións da cidade. Os colonos americanos, sabendo do feito, conseguiron chegar antes que os británicos e avisar aos colonos. Ao día seguinte, os colonos da cidade enfrontáronse cos británicos en Lexington, na primeira batalla da Revolución Americana de 1776. A guerra pola independencia comezara.

Diversas batallas ocorreron en Massachusetts, a maior parte antes de 1777. Massachusetts participou activamente no envío de tropas e na fabricación de armas e materiais. En 1783 acabou a guerra, e o 6 de febreiro de 1788, Massachusetts converteuse no sexto estado dos Estados Unidos de América, ao ratificar a constitución americana.

En 1820, o goberno americano creou o estado de Maine, separando a sección nordeste de Massachusetts, que adquiriu así os seus actuais límites territoriais.

O estado industrializouse axiña durante as primeiras décadas do século XIX. En 1814, Francis Cabot Lowell inaugurou unha das primeiras fábricas de manufacturación de tecidos dos Estados Unidos, o que levou á construción doutras fábricas semellantes no estado. Esta proliferación causou que os agricultores non puideron soportar os baixos prezos cobrados polos seus produtos e as débedas que se acumulaban. Moitos deles tiveron que abandonar o campo e marchar cara ás cidades.

Durante a década de 1840, instaláronse no estado un gran número de inmigrantes irlandeses. Moitos deles conseguiron empregos en fábricas, por seren man de obra barata, substituíndo así os americanos nativos do país. Xurdiron confrontacións entre os inmigrantes irlandeses e os nativos.

O estado participou activamente durante a Guerra Civil Americana, loitando do lado da Unión, os Estados Unidos propiamente dito, contra os Estados Confederados de América. A maior parte da poboación era abolicionista, tanto que no censo americano de 1790, o estado non tiña un só escravo. O estado enviou aproximadamente 145.000 soldados á guerra, e foi o maior fabricante de navíos militares da Unión ao longo da guerra.

Finalizada esta, a industria de manufacturación do Massachusetts diversificouse. O estado pasou a ser tamén un gran fabricante de produtos de metal e calzados. Millares de inmigrantes instaláronse no estado.

1900 - Tempos actuais

[editar | editar a fonte]
Imaxe da folga da Lawrence Textile, unha folga de traballadores industriais inmigrantes.

As pésimas condicións de vida dos traballadores das industrias do Massachusetts -como no resto do país- levaron a diversas folgas. A máis famosa delas ocorreu en 1912, que chamou a atención nacional ao problema, e forzou o goberno americano a instituír diversas leis de traballo.

O Estados Unidos entraron na primeira guerra mundial en 1917. O primeiro rexemento militar americano en chegar á fronte de batalla foi un rexemento de Massachusetts. Durante a guerra, as taxas de inflación no estado creceron drasticamente, isto é, prezos dos produtos crecían máis que os salarios dos traballadores. Diversos líderes sindicalistas pasaron a esixir maiores salarios, mais case sempre estas esixencias foron rexeitadas. En 1919, o 75% do corpo policial de Boston entrou en folga. O entón gobernador do estado, Calvin Coolidge, ordenou que a Garda Nacional de Massachusetts acabase coa folga.

En 1929 comezou a Gran Depresión. A economía do estado sufriu de altas taxas de desemprego. Massachusetts foi o primeiro estado en instituír axuda social aos desempregados. A economía recuperaríase co inicio da segunda guerra mundial, onde o estado fabricou gran cantidades de armas e outros materiais.

Despois do fin da guerra, a economía de Massachusetts pasou a diversificarse. As industrias téxtiles e de calzados movéranse en dirección aos estados do Sur, en canto que a industria aeroespacial e de electrónica pasou a ter maior importancia na economía do estado. O primeiro submarino nuclear americano foi construído en Massachusetts.

O estado posuía leis que segregaban brancos de afroamericanos, porén estas leis foron gradualmente abolidas polo goberno do estado. En 1957, o estado acabou coa lei que segregaba en edificios públicos. En 1963, a segregación pasou a ser prohibida en todas as residencias. Porén, ata a década de 1970 as escolas do estado non foron desegregadas, e nesa data fórono por orde do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

A economía do estado continuou a diversificarse durante as últimas décadas do século XX. O estado tornouse un gran centro financeiro, militar e industrial. O turismo pasou a adquirir maior importancia a partir da década de 1980. En 1991, Boston, con apoio financeiro do estado de Massachusetts, comezou a reformar o seu sistema de autoestradas. En 2003, estas reformas foron concluídas, cun gasto de máis de 15.000 millóns de dólares, tres veces máis do previsto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do Massachusetts e dos seus 14 condados.

Massachusetts limita ao norte con Nova Hampshire e Vermont, ao oeste co Estado de Nova York, ao sur con Connecticut e Rhode Island, e ao leste co océano Atlántico. Coñécese como The Bay State por causa das grandes baías que dan ao litoral do estado a súa forma característica: a Baía de Cape Cod e a Baía de Massachusetts no litoral leste e a Baía Buzzards no sur. O litoral do estado posúe 309 quilómetros de extensión pero contando a costa de baías e illas, a extensión do litoral sobe a aproximadamente 2.400 quilómetros.

Posúe máis de 6.800 quilómetros de ríos. Dos ríos que cortan o estado, o máis importante é o Río Connecticut. Tamén posúe máis de 1.300 lagos, incluíndo os creados artificialmente. Un cuarto destes lagos fornecen auga potábel a cidades e vilas próximas. Os dous maiores lagos do estado son encoros artificiais, o maior deles con 101 quilómetros cadrados.

O leste do Massachusetts está marcado polo Cape Cod, que foi anteriormente unha península pero que actualmente é unha illa artificial, debido á construción dun canal. Ao sur de Cape Cod localízase un arquipélago, cuxas maiores illas son as illas Martha's Vineyard e Nantucket. Aproximadamente o 55% de Massachusetts está cuberto por bosques.

E estado pode ser dividido en 6 rexións diferentes:

  • As Montañas Taconicas, localizadas no extremo occidente de Massachusetts, e que se estenden ata Vermont. É unha estreita cadea de montañas, que non posúe máis de 10 quilómetros de largura. Caracterízase pola súa grande altitude, con picos de ata 763 metros de altitude.
  • O Val de Berkshire é un estreito val, de non máis de 15 quilómetros de ancho, localizado ao leste das Montañas Taconicas. En comparación ás rexións que o rodean, posúe baixas altitudes. Tamén posúe un solo fértil. O val comeza ao sur do estado e esténdese ata Connecticut.
Mount Greylock
  • Ao leste do Val de Berkshire localízanse os Planaltos Occidentais da Nova Inglaterra. Estes planaltos esténdense ata Vermont e Connecticut. Posúe altas altitudes, con varios picos de máis de 600 metros de altitude. O punto máis alto de Massachusetts, o Mount Greylock, con 1.064 metros de altitude, localízase nesta rexión. O terreo desta rexión é bastante accidentado.
  • As Planicies do Val do Río Connecticut localízanse ao leste dos Planaltos Occidentais. Comeza ao norte do estado e esténdense ata Connecticut. Posúe aproximadamente 30 quilómetros de ancho, e caracterízase polo seu solo fértil e pola súa altitude relativamente baixa.
  • Os Planaltos Orientais da Nova Inglaterra están localizados ao leste do Val do Río Connecticut. No norte do Massachusetts, os Planaltos Orientais forman o límite cos Planaltos Occidentais de Nova Inglaterra. Posúe altitudes máis altas do que os vales e as planicies que o rodean, porén, máis baixas que os Planaltos Occidentais, con altitude media de 300 metros, e algúns picos superando os 600 metros.
  • As Planicies do Litoral localízanse ao longo do litoral do océano Atlántico. Posúe as altitudes máis baixas do estado e os solos máis fértiles.

O clima é temperado, con catro distintas estacións, con veráns quentes, e invernos fríos. Durante o inverno, a temperatura media abaixa á medida en que se baixa en dirección ao oeste, onde as altitudes son máis altas. No verán, as maiores temperaturas rexístranse ao longo do litoral do océano Atlántico e do suroeste do estado.

A temperatura media no inverno é de 0 °C no leste do estado, -2,5 °C no centro e de -7 °C no oeste. No inverno, a media das mínimas é de -5 °C no leste e de -13 °C no oeste. As mínimas varían entre -35 °C e 8 °C en calquera parte do estado. A media das máximas é de 3 °C no leste e de -2 °C no oeste, variando entre -28 °C e 15 °C en calquera parte do estado. A temperatura máis baixa rexistrada é de -37 °C, en Chester, o 12 de xaneiro de 1812.

A temperatura media, no verán, é de 25 °C ao longo do litoral do océano Atlántico e no suroeste de Massachusetts. A media das mínimas é de 12 °C no oeste e de 18 °C no leste, variando entre 8 °C e 25 °C en calquera parte do estado. A media das máximas é de 26 °C, variando entre 20 °C e 35 °C. A temperatura máis alta rexistrada é de 42 °C, rexistrada o 2 de agosto de 1975, tamén en Chester.

A precipitación media anual (choiva e sarabia) é de 114 centímetros, levemente maior no interior que ao longo do litoral. A precipitación media anual de neve varía entre os 107 centímetros no litoral e os 107 centímetros no interior.

Política

[editar | editar a fonte]
A Casa de Estado do Massachusetts.

A actual Constitución do Massachusetts adoptouse en 1780, sendo a constitución máis antiga dun estado americano aínda en vigor. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobadas, precisan recibir polo menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes do estado, e logo dous terzos dos votos da poboación electoral do estado. A poboación tamén pode propor emendas á Constitución a través da colecta de certo número de sinaturas. Cando estas sinaturas se aceptan polo goberno, para ser aprobada tal emenda precisa recibir aprobación de cando menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo, e logo polo menos o 51% dos votos da poboación electoral. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir polo menos o 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.

O principal oficial do Poder Executivo é o gobernador, elixido polos electores do estado para mandatos de ata 4 anos de duración. Unha persoa pode ser electa cantas veces quixer para o cargo de gobernador. Os oficiais que son escollidos polo gobernador -tesoureiro, secretario de estado, entre outros- tamén serven en termos de no máximo 4 anos. Como o gobernador, poden ser escollidos cantas veces quixeren. O gobernador é auxiliado por un gabinete de seis membros, todos elixidos polo gobernador.

O Poder Lexislativo é exercido pola Corte Xeral de Massachusetts, constituída polo Senado e pola Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 40 membros, mentres que a Casa dos Representantes posúe un total de 160 membros. Massachusetts está dividido en 40 distritos senatoriais e 160 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixe un senador/representante, que representará ese distrito. O termo dos senadores é de 4 anos e o dos representantes é de 2 anos.

O tribunal máis alto do Poder Xudicial do Massachusetts é o Tribunal Supremo. Todos os xuíces do Poder Xudicial son escollidos polo gobernador do estado, cuxo termo expira cando alcanzan 70 anos de idade.

Massachusetts está dividido en 14 condados, 50 cidades e 304 municipalidades. Máis da metade do orzamento do estado vén de impostos estatais, e o resto de fondos recibidos do goberno nacional.

O termo oficial do estado é Commonwealth of Massachusetts, e non State of Massachusetts, aínda que ambos os formatos sexan amplamente usados polos medios de comunicación. Massachusetts é un dos catro estados americanos en usar o termo Commonwealth, os outros tres son Kentucky, Pensilvania e Virxinia.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Crecemento da poboación do Massachusetts
Ano Habitantes
1790 378,787
1800 422,845
1810 472,040
1820 523,287
1830 610,408
1840 737,699
1850 944,514
1860 1,231,066
1870 1,457,351
1880 1,783,085
1890 2,238,947
Ano Habitantes
1900 2,805,346
1910 3,366,416
1920 3,852,356
1930 4,249,614
1940 4,316,721
1950 4,690,514
1960 5,148,578
1970 5,689,170
1980 5,737,081
1990 6,016,425
2000 6,349,097

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación do Massachusetts en 2000 era de 6 349 097 habitantes. Unha estimación realizada en 2004 eleva este número a 6 416 505. O 13,7% non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do estado son canadenses, chineses, portugueses e caribeños. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu en torno ao 5%; entre 1990 e 2004, 6,7%.

As cinco maiores etnias do estado son irlandeses (que forman 22,5% da poboación do estado), italianos (13,5%) ingleses (11,4%), franceses (8%) e alemáns (5,9%).

Relixión

[editar | editar a fonte]

Aínda que o Massachusetts fora inicialmente fundada e colonizada por puritanos separatistas ao longo do século XVII, e continuou sendo un estado maioritamente protestante ao longo da súa historia, recentemente converteuse no segundo maior estado católico en porcentaxe de todos os Estados Unidos, só detrás de Rhode Island. Isto débese á chegada en masa de inmigrantes primariamente católicos tales como irlandeses, italianos, portugueses, quebequenses e porto riqueños. Actualmente, aproximadamente a metade dos habitantes do Massachusetts son fieis da Igrexa católica, e os protestantes compoñen menos dun terzo da poboación do estado.

Porcentaxe da poboación do Massachusetts por relixión
  • Protestantes – 31%
  • Igrexa católica – 47%
  • Outras afiliacións cristiás – 1%
  • Xudeus – 2%
  • Outras relixións – 2%
  • Non-relixiosos – 17%

Principais cidades

[editar | editar a fonte]
Boston.

Cerca do 91% da poboación de Massachusetts vive en cidades, e máis do 94% vive en rexións metropolitanas.

Economía

[editar | editar a fonte]

O produto interior bruto do estado foi de 297.000 millóns de dólares. A renda per cápita do estado, pola súa vez, foi de 39.504 dólares, a cuarta maior do país.

O sector primario responde por 1% do PIB. O estado posúe 6 mil facendas, que ocupan case o 11% do estado. A agricultura e a gandería responden xuntas por 0,9% do PIB, e empregan aproximadamente 151 mil persoas. O leite e as cereixas son os principais produtos de Massachusetts, que produce máis de 25% de todas as cereixas consumidas no país. A pesca e a industria madeireira responden xuntas do 0,1% do PIB e empregan aproximadamente a 3.000 persoas.

O sector secundario representa o 17% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 49.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son computadores, produtos electrónicos, produtos de metais, produtos químicos, alimentos e material médico e escolar. A industria de manufactura responde por 15% do PIB, empregando a aproximadamente 450 mil persoas. A industria de construción responde por 3,9% do PIB e emprega aproximadamente a 236 mil persoas. A minaría responde polo 0,1% do PIB, empregando preto de 2 mil persoas.

O sector terciario responde por 82% do PIB. Cerca de 28% do PIB do estado procede de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega máis de 1,6 millóns de persoas. O estado é un gran polo educativo e médico, e tamén un gran polo financeiro: as finanzas representan máis do 24% do PIB, empregando aproximadamente 350 mil persoas. O comercio representa o 15% do PIB, e emprega aproximadamente 850 mil persoas. Os servizos gobernamentais representan o9% do PIB, empregando aproximadamente 460 mil persoas. Os transportes e as telecomunicacións empregan a 130 mil persoas, e representan o 4% do PIB.

Educación

[editar | editar a fonte]
Campus da Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).

A primeira escola de Massachusetts foi fundada en 1635 polos puritanos. Esta escola foi a primeira escola de segundo grao (high school) dos Estados Unidos. En 1647, a Compañía da Baía de Massachusetts instituíu unha lei que ordenaba a todos os asentamentos con máis de 50 familias a construción de cando o menos unha escola pública primaria (elementary school). Tales escolas serían mantidas polo goberno da colonia. Esta acción da compañía é o primeiro caso rexistrado na historia da educación, onde o goberno se responsabilizaba da educación dos nenos.

En 1852, o xa estado de Massachusetts obrigou que todos os nenos pasasen a frecuentar a escola, sendo o primeiro estado americano en facer isto. Actualmente, todos os nenos entre 6 e 15 anos de idade precisan frecuentar a escola. Actualmente, as regras e padróns no sistema de escolas públicas son ditadas polo Departamento de Educación. O sistema de escolas públicas está considerado o segundo mellor do país. O estado tamén posúe varias das mellores escolas privadas do país. Os sistemas escolares públicos son mantidos a través dos impostos cobrados por estes sistemas escolares e por fondos recibidos do goberno estatal.

A primeira biblioteca no territorio americano foi inaugurada en 1638, na Facultade Havard, actualmente a Universidade Harvard. Esta biblioteca é actualmente a maior biblioteca universitaria do mundo, con máis de 14 millóns de referencias. O estado posúe actualmente aproximadamente 460 bibliotecas públicas.

Massachusetts posúe máis de 70 universidades e facultades, e dispón de varias das mellores e máis afamadas institucións de ensino superior do mundo. Entre elas, destacan a Universidade Harvard e a Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).

Transportes e telecomunicacións

[editar | editar a fonte]

O estado posúe aproximadamente 60 mil quilómetros de estradas e autoestradas. Boston é o maior centro portuario e aeroportuario de Nova Inglaterra. O Aeroporto Internacional de Boston é o de maior movementos do estado e un dos maiores do mundo.

O primeiro libro publicado nas trece colonias foi impreso e publicado en 1640. O xornal máis antigo dos Estados Unidos aínda en actividade, o Boston Newsletter, foi fundado en 1704. Cerca de 300 xornais son publicados no estado, dos que 45 son diarios. O estado posúe preto de 120 emisoras de radio e 20 emisoras de televisión.

(en inglés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Massachusetts

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy