Content-Length: 100062 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Penthouse

Penthouse - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Penthouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penthouse
PaísReino Unido e Estados Unidos de América
LugarEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Fundación1965
FundadorBob Guccione
Circulación
Frecuencia1 mes
ISSN0090-2020
Na rede
https://penthouse.com/ e https://penthousemagazine.com
Facebook: penthouse Twitter: penthouse Instagram: penthouse Youtube: UCgBWzz2sb8yFE48CPdC39RA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Penthouse é unha revista masculina fundada por Bob Guccione, que mesturaba artigos sobre un estilo de vida urbano con reportaxes fotográficas de pornografía suave, que nos 90 acabou transformándose en pornografía dura. A pesar de que Guccione era norteamericano a revista foi fundada en 1965 no Reino Unido, aínda que pronto empezou a venderse tamén nos Estados Unidos. Na cima do seu éxito, Guccione foi considerado como un dos homes máis ricos dos Estados Unidos.

Innovacións

[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos a revista Penthouse atopábase entre Playboy e Hustler en relación á pornografía. Desde o principio as fotografías mostraban os xenitais femininos e o pelo pubiano, a pesar de ser considerado obsceno por moitos. Tamén se simulaba sexo, pero non se mostraban xenitais masculinos nin penetración, aínda que tras varios anos podían verse xenitais masculinos, ata en erección. Penthouse tamén intentou manter certo nivel de calidade nos seus escritos, aínda que polo xeral eran dunha natureza máis sexual que os de Playboy.

Penthouse Pets

[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que a revista Playboy ten ás playmates, as mozas favoritas da revista, Penthouse describía aos seus modelos como Penthouse Pets (traducido do inglés sería mascotas de Penthouse), entre os que podemos destacar a estrelas do porno como Silvia Saint e Aria Giovanni ou a modelo e Miss América Vanessa Williams.

A controversia con Traci Lords

[editar | editar a fonte]

A revista Penthouse alcanzou a súa máxima popularidade en setembro do 1984 cando públicou un espido lésbico de Miss América. Con todo ese caso fíxose aínda máis polémico pola súa moza das páxinas centrais, Traci Lords. Lords pousara espida para ese número ao comezo da súa carreira como actriz porno. Máis tarde descubriuse que Lords era menor de idade durante gran parte da súa carreira como estrela do porno, e que tan só tiña 15 anos cando pousou para Penthouse. Como consecuencia desa reportaxe, é ilegal posuír a revista coas páxinas centrais xa que se considera pornografía infantil. O exemplar de setembro do 84 tamén incluía unha entrevista a John Travolta, un artigo sobre Boy George e unha reportaxe sobre a actriz porno Hyapatia Le.

Da pornografía suave á dura

[editar | editar a fonte]

En 1998 a revista Penthouse atopábase entre a cada vez maior dispoñibilidade de pornografía en Internet e a crecente popularidade de revistas masculinas como Maxim, e decidiu dar un xiro ao seu formato mostrando imaxes de contido explícito (como penetracións orais e vaxinais). Tamén empezou a incluír habitualmente fotografías de modelos femininas ouriñando, o que ata aquel momento considerábase como un límite entre a obscenidad ilegal e a pornografía legalizada. O novo formato acabou provocando un descenso no número de subscricións e presenza nos postos de prensa.

Con todo na edición británica intentouse un enfoque distinto para recuperar as vendas no ano 1997. Sendo Tom Hilditch o editor a revista foi renombrada como PH.UK e foi relanzada como unha revista adulta. Fotógrafos de moda foron contratados para realizar imaxinería que combinase moda e sexo. A revista incluía entrevista con famosos e trataba o tema de políticas sexuais. O experimento atraeu un grande interese dos medios pero non conseguiu o obxectivo de aumentar as vendas. PH.UK pechou a finais do 1998.

Bancarrota

[editar | editar a fonte]

O 12 de agosto de 2003 "General Media", a compañía propietaria da revista, declarou bancarrota. En outubro do 2003 anunciouse que Penthouse era posta á venda como parte das súas obrigacións cos investidores e debedores. Con todo o 4 de outubro de 2004 "General Media" abandona a bancarrota e cambia o seu nome a Penthouse Media Group. O grupo é propiedade dunha promotora inmobiliaria do sur de Florida que suavizou o contido da revista a principios do 2005.

Edicións internacionais da revista Penthouse

[editar | editar a fonte]
  • Edición estadounidense
  • Edición australiana
  • Edición francesa
  • Edición grega
  • Edición croata
  • Edición rusa
  • Edición británica
  • Edición española
  • Edición tailandesa
  • Edición neozelandesa
  • Edición húngara
  • Edición checa
  • Edición holandesa
  • Edición alemá
  • Edición de Hong Kong

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Penthouse

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy