Content-Length: 138231 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Peter_Bosz

Peter Bosz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Peter Bosz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Bosz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Apeldoorn, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (1981–1999), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1984 Vitesse Arnhem 81(2)
1984–1985 AGOVV Apeldoorn
1985–1988 RKC Waalwijk 105(4)
1988–1991 Sporting Toulon Var 93(0)
1991–1996 Feyenoord Rotterdam 155(6)
1996–1997 JEF United Ichihara Chiba 36(3)
1998–1998 F.C. Hansa Rostock 14(0)
1998–1999 NAC Breda 26(1)
1999–1999 JEF United Ichihara Chiba 11(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1995   Países Baixos 8(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2017 AFC Ajax
2021–2022 Olympique Lyonnais
2023– PSV Eindhoven Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 1992Eurocopa de Fútbol Suecia 1992 Editar o valor en Wikidata

Peter Bosz, nado o 21 de novembro de 1963 en Apeldoorn, é un ex xogador e adestrador de fútbol dos Países Baixos, desde xullo de 2016 é o adestrador do AFC Ajax.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Bosz (dereita) e Ruud Gullit co equipo nacional holandés en 1988.

Centrocampista de éxito, Bosz comezou a súa carreira profesional c Vitesse en 1981 e logo dunha cesión en 1984 ao AGOVV Apeldoorn, entón afeccionado, volveu ao fútbol profesional co RKC Waalwijk (1985-1988) para pasar despois ao fútbol francés co SC Toulon (1988-1991) tras do que volveu aos Países Baixos para xogar durante seis tempadas co Feyenoord (1991-1996). En 1996 fichou polo equipo xaponés JEF United Ichihara (1996–97), ao que lle seguiu o club alemán Hansa Rostock (1997–98) e o holandés NAC Breda (1998–99). Retirouse no termo do ano 1999 após un segundo período con JEF United Ichihara.

Bosz en 1988

Adestrador

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro club como adestrador foi o AGOVV Apeldoorn (2000-2002) co que logrou en 2002 o campionato de afeccionados. Comezou no fútbol profesional en 2002 como adestrador do De Graafschap (2002–2003), o equipo rematou o último e baixou á segunda división. O seu seguinte equipo foi o Heracles Almelo (2004–2006), na primeira tempada quedou primeiro da segunda división e logrou o pase á máxima categoría na seguinte tempada asegurou a súa permanencia ao rematar no 13º lugar.

En xullo de 2006 aceptou unha oferta como director técnico do Feyenoord, e así foi responsable das fichaxes (entre outros) de Giovanni van Bronckhorst, Roy Makaay, Tim de Cler, Kevin Hofland e Denny Landzaat.[1] Deixou o posto o 14 de xaneiro de 2009 pola súa oposición ao despedimento do primeiro adestrador Gertjan Verbeek.[2]

No verán de 2010 volveu ao Heracles Almelo, ao substituír a Verbeek que fichara polo AZ Alkmaar. O equipo finalizou oitavo na liga, asegurándose a súa participación na rolda de cualificación para a competición europea, onde o eliminou o FC Groningen e o Heracles acabou 12º nas tempadas 2011–12 e 2012–13. Deixou o club en 2013.

O 19 de xuño de 2013 Bosz converteuse en adestrador do Vitesse, asinando un contrato de dous anos, acompañouno como segundo Hendrie Krüzen procedente tamén do Heracles. En novembro de 2013 o Vitesse era primeiro da liga por primeira volta desde 2006, e a metade da tempada mantiña a posición, non obstante o equipo rematou na sexta praza.

A tempada seguinte Bosz estendeu o seu contrato ata 2016 e xunto co director técnico Mohammed Allach desenvolveu un plan plurianual, no que lle outorgaba á canteira do Vitesse un papel fundamental, así como ao desenvolvemento do ataque. Na tempada 2014–15 o Vitesse rematou quinto cualificándose para a rolda de clasificación europea. Derrotou ao PEC Zwolle na semifinal e ao SC Heerenveen na final, asegurándose a súa participación na terceira rolda da UEFA Europa League 2015-16. Cando Bosz deixou o equipo, no inverno da tempada 2015–16, o Vitesse era quinto.

Tras unha breve estada en Israel, dirixindo o Maccabi Tel Aviv de xaneiro a maio de 2016,[3] firmou polo AFC Ajax por tres anos.[4] No seu primeiro partido de competición o 27 de xullo o seu equipo empatou 1–1 contra o PAOK na terceira rolda de cualificación para a Liga de Campións,[5] e no seguinte partido perdeu 5–2 contra o FC Rostov.[6]









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Peter_Bosz

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy