Content-Length: 119862 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Olt

Río Olt - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Olt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Olt
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaRomanía Editar o valor en Wikidata
División administrativaRomanía Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBaden-Württemberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Danubio Editar o valor en Wikidata
Mapa
 46°43′16″N 25°42′36″L / 46.7211, 25.71
43°42′46″N 24°47′45″L / 43.712803, 24.795761
Afluentes
269
Conca hidrográficaconca do Danubio e Olt River basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións615 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica24.050 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal174 m³/s Editar o valor en Wikidata
Localización do río Olt

O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².

O río atravesa os distritos romaneses de Harghita, Covasna, Braşov, Sibiu, Vâlcea e Olt.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
O río Olt e ao fondo os montes Cárpatos
O río Olt ao seu paso pola cidade de Slatina, Romanía.

Nace nas ladeiras das montañas de Hăşmaşu Mare dos montes Cárpatos Orientais. Flúe en dirección oeste, posteriormente vira para o sur, despois atravesa transversalmente a cordilleira dos Alpes de Transilvania e desemboca no río Danubio, preto de Turnu Măgurele (30.187 hab. en 2002[1]).

Este río era coñecido na antigüidade romanesa como Alutus ou Aluta. O distrito de Olt e a provincia histórica de Oltenia, teñen o seu nome debido ao río.

Nas súas ribeiras encóntranse as cidades de Bălan (7.902 hab.), Sândominic (6.401 hab.), Miercurea-Ciuc (42.029 hab.), Sfântu Gheorghe (61.543 hab.), Făgăraş (40.126 hab.), Brezoi (6.859 hab.), Călimăneşti (8.923 hab.), Râmnicu Vâlcea (107.726 hab.), Drăgăşani (22.499 hab.), Slatina (79.171 hab.) e Drăgăneşti-Olt (12.195 hab.).

O río ten moitísimos afluentes, aínda que ningún deles de grande importancia, salvo o río Oltet, no seu curso baixo, con 186 km de lonxitude e unha cunca de 2.474 km².

  1. Todos os habitantes das cidades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo do ano 2002.
Val do Olt, obra de Carol Popp de Szathmary.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Olt

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy