Telefonía móbil 4G
En telecomunicación, 4G úsase para referirse á cuarta xeración de tecnoloxías de telefonía móbil. Sucede ás tecnoloxías 2G e 3G, e antecede á 5G.
Características
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) creou no seu día un comité para definir as especificacións técnicas. É o IMT-Advanced, no que se definen os requisitos necesarios para que unha norma sexa considerada da xeración 4G. Entre os requisitos incluídos está que a velocidade máxima de transmisión de datos debe estar entre 100 Mbit/s (12,5 MB/s) ey 1 Gbit/s (125 MB/s). Hai que resaltar que dos grupos de traballo da UIT forman parte empresas, estudando tecnoloxías reais existentes. Por iso, a norma LTE (long term evolution: ‘evolución a longo prazo’) derivada da norma 3GPP non é 4G ó non cumprir os requisitos definidos pola IMT-Advanced en características de velocidades pico de transmisión e eficiencia espectral. Aínda así a UIT declarou no 2010 que os candidatos a 4G, como era aquel, podían publicitarse mentres como 4G.
4G está baseada por completo no protocolo IP, sendo un sistema e unha rede, que se acada grazas á converxencia entre redes cableadas e sen cable. A principal diferenza coas xeracións anteriores é a capacidade para soportar velocidades de acceso meirandes de 100 Mbit/s en movemento e 1 Gbit/s en repouso, mantendo unha calidade de servizo (QoS) de punta a punta de alta seguridade co mínimo custe posible.
O WWRF (Wireless World Research Forum) pretendeu que 4G fose unha fusión de tecnoloxías e protocolos, non só unha norma única, semellante a 3G, que inclúe tecnoloxías como GSM e CDMA.[1]
A empresa xaponesa NTT DoCoMo foi a primeira en realizar experimentos coas tecnoloxías 4G, acadando 100 Mbit/s (12,5 MB/s) nun coche a 200 km/h. Lanzou os primeiros servizos 4G baseados en tecnoloxía LTE en decembro de 2010 en Toquio, Nagoia e Osaca.
No 2020 a ESA proba a tecnoloxía 4G na Lúa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.idg.es/pcworldtech/mostrararticulo.asp?id=185167&seccion=movilidad Arquivado 18 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., arquivado en https://web.archive.org, consultado o 28 de out. de 2020
- ↑ "Probando el funcionamiento de la tecnología 4G en la Luna". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-28.