Terras de Tras os Montes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Rexión | Rexión Norte | ||||
Capital | Bragança | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | PT11E | ||||
As Terras de Tras os Montes (en portugués, Terras de Trás-os-Montes) son unha subrexión (ou comunidade intermunicipal) da Rexión Norte de Portugal —unha rexión estatística de nivel III (NUTS III)— coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As Terras de Tras os Montes comprenden gran parte do distrito de Braganza, cidade na que está situada a sede da comunidade intermunicipal.[1]
A subrexión limita ao oeste coa subrexión do Alto Tâmega, ao norte e ao leste con España (Galicia e Castela e León respectivamente) e ao sur coa subrexión do Douro.
Abarca unha superficier de 5 543,61 km².[2] No ano 2011 a súa poboación era de 117 527 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 21,2 hab./km².
Municipios
[editar | editar a fonte]Os concellos que integran as Terras de Tras os Montes son:
- Alfândega da Fé
- Braganza
- Macedo de Cavaleiros
- Miranda do Douro
- Mirandela
- Mogadouro
- Vila Flor
- Vimioso
- Vinhais
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Statutes CIM Terras de Trás-os-Montes". Arquivado dende o orixinal o 19-08-2014. Consultado o 29-07-2018.
- ↑ "Direção-Geral do Território". Arquivado dende o orixinal o 29-09-2014. Consultado o 29-07-2018.
- ↑ "Resident population (No.) by Place of residence and Sex; Decennial Data reference period". INE - Instituto Nacional de Estatística. 2011.