VG-1.2
VG-1.2 Vía de Alta Capacidade Ares-Mugardos | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 6,44 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Polígono industrial Vilar do Colo |
Fin | Complexo industrial Punta Promontoiro |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
A VG-1.2 ou Vía de Alta Capacidade de Ares-Mugardos[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Polígono industrial Vilar do Colo (Fene) e o Complexo industrial Punta Promontoiro (Mugardos); atravesa os concellos de Fene, Mugardos e Ares. Ten unha lonxitude de 6,44 quilómetros (5,81 quilómetros de VG-1.2 e 0,63 quilómetros de VG-1.2r0) e iníciase no polígono industrial Vilar do Colo (Fene) e finaliza no complexo industrial Punta Promontoiro (Mugardos).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Os primeiros quilómetros inicia no polígono industrial Vilar do Colo coa denominación VG-1.2r0 (ramal 0 da avenida principal do polígono) e chegado ao punto quilométrico 0.63, entrado coa denominación VG-1.2 ata o complexo industrial Punta Promontoiro que son 5,81 quilómetros de lonxitude. Chegando á primeira rotonda que lle termina o polígono industrial para seguir a Mugardos cruzado á estrada dos Casais e á Rúa do Forno. Seguindo á ligazón da estrada DP-3501 (estrada da Armada) no lugar da Armada (parroquia de Maniños do concello de Fene), seguindo ao outra ligazón da estrada AC-122 no lugar da Gallada de Piñeiro (parroquia de Piñeiro do concello de Mugardos), e seguinte a ligazón da estrada de Ares, AC-123 e outra de AC-133 a Franza. Na última ligazón vai cruzado á estrada DP-3504 con ambas as direccións a Mugardos e a Maniños. Chegado a final co acceso ao complexo industrial de Punta Promontoiro sen acceso ás outras estradas (acceso único con rotonda).
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro treito dentro do polígono industrial Vilar do Colo iniciaron as obras, en febreiro de 2003[3] e culminaron as obras en abril de 2003[4] e o segundo treito ao complexo industrial de Punta Promontoiro foi inaugurado en outubro de 2005.[5][6] O proxecto orixinal denomina como unha vía rápida desde o polígono industrial Vilar do Colo ata Ares e Mugardos polo que denomina como V.A.C. Ares-Mugardos. O acceso a Ares da estrada AC-123 non conta como unha vía para automóbiles. En 2015[7] aprobou un plan vectorial para a mellora dos accesos e conexións coa estrada N-651 e a autoestrada de peaxe AP-9 e na actualidade non avanzou nada deste proxecto.
Treitos
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-1.2r0 | Polígono industrial Vilar do Colo Treito: Avenida de Astano - Rúa do Forno |
0,6 |
2003[4] |
VG-1.2 | Polígono industrial Vilar do Colo - Complexo industrial Punta Promontoiro | 5,8 | 2005[5][6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Necso comienza la construcción de la vía rápida de Ares y Mugardos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2003.
- ↑ 4,0 4,1 "Cien nuevas parcelas del polígono de Vilar do Colo están listas para la venta". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2003.
- ↑ 5,0 5,1 "Mugardos y Ares ya tienen su enlace a la autopista AP-9". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2005.
- ↑ 6,0 6,1 "Al fin llegó la comitiva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2005.
- ↑ "La Xunta aprueba la modificación del plan sectorial viario del área de Ferrol". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2015.