Content-Length: 107987 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Vento_solar

Vento solar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vento solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O plasma do vento solar ao chegar á heliopausa

O vento solar é un fluxo de partículas (na súa maioría protóns de alta enerxía, uns 500keV) emitidos pola atmosfera dunha estrela. Descoñécese o mecanismo de aceleración que as permite saír da estrela.[1]

A composición elemental do vento solar no noso sistema solar é idéntica á da coroa do Sol: un 73% de hidróxeno e un 25% de helio, con algunhas trazas de impurezas. As partículas encóntranse completamente ionizadas, formando un plasma moi pouco denso. Nas proximidades da Terra, a velocidade do vento solar varía entre os 200–889 km/s, sendo a media duns 450 km/s. O Sol perde aproximadamente 5 millóns de toneladas de masa cada segundo en forma de vento solar (isto débese a que uns 700 millóns de toneladas de hidróxeno transformanse por fusión nuclear nuns 695 millóns de toneladas de helio).

Dado que o vento solar é plasma, estende consigo o campo magnético solar. A unha distancia de 160 millóns de quilómetros, a rotación solar varre ó vento solar en forma de espiral, arrastrando as súas liñas de campo magnético, pero máis alá desa distancia o vento solar diríxese cara ó exterior sen maior influencia directa do Sol. As explosións desusadamente enerxéticas de vento solar causadas por manchas solares e outros fenómenos atmosféricos do Sol, denomínanse "tormentas solares" e poden someter ás sondas espaciais e os satélites a fortes doses de radiación. As partículas de vento solar que son atrapadas no campo magnético terrestre, mostran tendencia a agruparse nos cintos de Van Allen e poden provocar as Auroras boreais e as Auroras austrais cando chocan coa atmosfera terrestre cerca dos polos xeográficos. Outros planetas que teñen campos magnéticos similares ós da terra tamén teñen as súas propias auroras.

O vento solar forma unha "burbulla" no medio interestelar (hidróxeno e helio gasosos no espazo intergaláctico). O punto no cal a forza exercida polo vento solar non é suficientemente importante como para desprazar o medio interestelar coñécese como heliopausa e considérase que é o "bordo" máis exterior do sistema solar. A distancia ata a heliopausa non é coñecida con precisión e probablemente depende da velocidade do vento solar e da densidade local do medio interestelar, pero sábese que está moito máis alá da órbita de Plutón.

  1. "Las preguntas que Solar Orbiter debe responder". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Vento_solar

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy