Content-Length: 51190 | pFad | https://gl.wiktionary.org/wiki/garelo

garelo - Wiktionary Saltar ao contido

garelo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo

garelo (ms: garelo; mpl: garelos; fs: garela; fpl: garelas)

  1. Xentilicio) Habitante ou natural do concello de Betanzos.
    • Exemplo: As garelas de Betanzos / cando van para o muíño / levan un gato esfolado / para comer no camiño.

    • Observacións: Conta a lenda que o xentilicio arranca cos sucesos relacionados co Tributo das Cen Doncelas, segundo a cal os betanceiros venceron no lugar da Galera aos homes do califa e mais do rei Mauregato. A deformación da palabra daría paso ao actual garelo. A fórmula tamén se utiliza en Betanzos coma indicativo de autenticidade betanceira. Nesta acepción, garelo sería quen nacer en Betanzos e tiver os catro avós nacidos en Betanzos.
    • Sinónimos: betanceiro

Adxectivo

garelo (ms: garelo; mpl: garelos; fs: garela; fpl: garelas)

  1. Fachendoso, presuntuoso, vaidoso.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/garelo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy