Música hip hop
A música hip hop, tamén coñecida como música rap e anteriormente coñecida como disco rap,[1][2] é un xénero de música popular orixinado no Bronx,[3][4][5][6] barrio da cidade de Nova York a principios da década de 1970 por afroamericanos,[7][8][9] aínda que existiu durante anos antes do descubrimento convencional.[8] Consiste en música rítmica estilizada que, normalmente, acompaña ao rap, un discurso rítmicco e rimado que se canta.[10] Desenvolveuse como parte da cultura hip hop, unha subcultura definida por catro elementos estilísticcos clave: MC/rapping, DJ/scratching, breakance e a arte graffiti.[11][12][13] Ademais de características musicais coma os sampleos ou sintetizados doutras cancións, turntablism, scratching ou beatboxing.
Aínda que a miúdo se usa para referirse unicamente ao rap, o hip hop denota máis correctamente a práctica de toda a subcultura.[14][15] O termo música hip hop úsase ás veces como sinónimo do termo música rap,[10] aínda que o rap non é un compoñente obrigatorio da música hip hop; o xénero tamén pode incorporar outros elementos da cultura hip hop coma os anteriormente mencionados.[16][17]
Historia
[editar | editar a fonte]O hip hop como xénero musical e como cultura formouse durante a década de 1970 cando as block parties (festas na rúa) se fixeron cada vez máis populares na cidade de Nova York, especialmente entre os mozos afroamericanos que residían no Bronx.[18] Nestas festas, os DJs tocaban mesturas das cancións populares usando dous tocadiscos e un mesturador de DJ para poder ir facendo cambios entre dúas copias do mesmo disco, alternando dunha a outra e estendendo o "break".[19] A primeira evolución do hip hop produciuse a medida que os samplers e as caixas de ritmos ían sendo máis accesibles. As técnicas dos turntablists como o scratching e beatmatching desenvolvéronse xunto cos breaks. O rap desenvolveuse como un estilo vocal no que o artista fala ou canta ao ritmo instrumental ou sintetizado desta música.
A música hip hop non se gravou oficialmente para ser reproducida na radio ou na televisión ata 1979, en gran parte debido á pobreza durante o nacemento do xénero e á falta de aceptación fóra dos barrios do gueto.[20] O hip hop da vella escola foi a primeira onda principal do xénero, marcada pola súa influencia disco e as súas letras orientadas á festa. A década de 1980 marca a diversificación do hip hop xa que o xénero comezou a desenvolver estilos máis complexos e estendeuse fóra dos Estados Unidos. O hip hop da nova escola foi a segunda onda do xénero, marcada polo seu son electrónicco, e levou ao hip hop da era dourada, un período innovador entre mediados dos 80 e mediados dos 90 que tamén desenvolveu a era do álbum do hip hop. O subxénero gangsta rap, centrado nos estilos de vida violentos e as condicións empobrecidas da mocidade afroamericana do centro da cidade, gañou popularidade neste momento. O hip hop da costa oeste estivo dominado polo G-funk a comezos da década de 1990, mentres que o hip hop da costa leste estivo dominado polo jazz rap, o hip hop alternativo e o hip hop hardcore. O hip hop continuou a diversificarse neste momento e xurdiron outros estilos rexionais, como o rap do sur e o hip hop de Atlanta. O hip hop converteuse nun dos xéneros máis vendidos a mediados da década de 1990 e no xénero musical máis vendido en 1999.
A popularidade da música hip hop continuou ata finais da década de 1990 ata a "era bling" de principios dos 2000, e as influencias do hip hop atopáronse cada vez máis noutros xéneros de música popular, como o neo soul, o nu metal e o R&B. Os Estados Unidos tamén viron o éxito de estilos rexionais como o crunk, un xénero do sur que enfatizaba máis cos ritmos e a música que cas letras, e o hip hop alternativo comezou a conseguir un lugar no mainstream, debido en parte ao éxito cruzado da seus artistas. Durante a "era dos blogs" de finais da década de 2000 e principios da década de 2010, os rapeiros puideron acumular seguidores a través dos métodos de distribución de música en liña, como as redes sociais e os blogs, e o hip hop tradicional tomou unha dirección máis melódica e sensible tras o declive comercial do gangsta rap. Os subxéneros trap e mumble rap convertéronse na forma máis popular de hip hop a finais da década de 2010 e principios da década de 2020. En 2017, a música rock foi usurpada polo hip hop como o xénero máis popular dos Estados Unidos.[21][22][23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trapp, Erin (2005). "The Push and Pull of Hip-Hop: A Social Movement Analysis". American Behavioral Scientist 48 (11): 1482. doi:10.1177/0002764205277427.
- ↑ Leach, Andrew (2008). "One Day It'll All Make Sense: Hip-Hop and Rap Resources for Music Librarians" 65 (1): 9–37. ISSN 0027-4380. JSTOR 30163606. doi:10.1353/not.0.0039.
- ↑ "Hip hop is born at a birthday party in the Bronx". history.com. Consultado o 2023.
- ↑ "The South Bronx: Where Hip-Hop Was Born". wnyc.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Birthplace Of Hip Hop". pbs.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Hip-Hop: A Culture of Vision and Voice". kennedy-center.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Honolulu Star-Bulletin". newspapers.com. 1 de setembro de 1988. Consultado o 2023.
- ↑ 8,0 8,1 "Chicago Tribune". newspapers.com. 9 de xuño 1985. Consultado o 2023.
- ↑ "The Press-Tribune". newspapers.com. 15 de setembro de 1988. Consultado o 2023.
- ↑ 10,0 10,1 Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 2011.
- ↑ Kugelberg, Johan. Born in the Bronx. Oxford University Press. p. 17. ISBN 978-0-7893-1540-3.
- ↑ Brown, Lauren (2009). "Hip to the Game – Dance World vs. Music Industry, The Battle for Hip Hop's Legacy". Movmnt Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2010.
- ↑ Chang, Jeff (2005). Can't Stop Won't Stop: A History of the Hip Hop Generation. St. Martin's Press. p. 90. ISBN 0-312-30143-X.
- ↑ Harvard Dictionary of Music. Arquivado dende o orixinal o 2016.
- ↑ "hip hop". allmusic.com. Arquivado dende o orixinal o 2012.
- ↑ "hip hop". merriam-webster.com. Consultado o 2017.
- ↑ "hip hop". Oxford English Dictionary. Consultado o 2011.
- ↑ Lamotte, Martin (2014). "Rebels Without a Pause: Hip-hop and Resistance in the City: Debates and Developments". International Journal of Urban and Regional Research 38 (2): 686–694. doi:10.1111/1468-2427.12087.
- ↑ McNamee, David (2010). "Hey, what's that sound: Turntablism". The Guardian.
- ↑ Dyson, Michael Eric (2007). "Know What I Mean?: Reflections on Hip-Hop". Basic Civitas Books: 6.
- ↑ Berry, Peter A. "Nielsen Says Hip-Hop/R&B Is Now Most Consumed Genre in U.S.". XXL Mag.
- ↑ Lynch, John. "For the first time in history, hip-hop has surpassed rock to become the most popular music genre, according to Nielsen". Business Insider.
- ↑ "Hip hop and R&B surpass rock as biggest U.S. music genre". reuters.com. Consultado o 2021.