Spotify
Spotify | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Spotify Ltd. |
Publicación inicial | 23 de abril de 2006 |
Última versión | 8.4.68.911 (Android) (24 de agosto de 2018) |
Sistema operativo | Windows, macOS, Linux, Android, iOS, Symbian, Windows Phone |
Plataforma/s | x86, x86-64 |
Lingua/s | 8 linguas Galego: non |
Sitio web | www |
Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.[1]
A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.[2] Spotify contaba, o 15 de setembro de 2010, con preto de dez millóns de usuarios,[3] dos que ao redor dun millón eran usuarios de pago.[4] O Spotify cambiou o seu logotipo tres veces na súa historia: primeiro en 2013, despois en 2015 e, máis recentemente, en 2019, reflictindo a evolución da identidade da marca e o compromiso da empresa de manterse actualizada na industria de streaming de música.[5]
En cifras oficiais, Spotify Ltd. declarou un ingreso bruto de 1.945 millóns de dólares en 2015. Este dato causou polémica, xa que a compañía, malia ter máis de 50 millóns de usuarios de pagamentos rexistrados, rexistrou perdas no mesmo ano.[6][Verificar credibilidade]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Streaming
- The Playlist (serie de televisión de Netflix sobre Spotify)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comunicado: Spotify anuncia acuerdos de licencia y su próximo lanzamiento (1), Europa Press (en castelán).
- ↑ Spotify anuncia acuerdos de licencia y su próximo lanzamiento, El Economista (en castelán).
- ↑ Spotify hits 10 million users and 10 million tracks Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Wired.co.uk (en inglés).
- ↑ Spotify reaches one million subscribers Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Wired.co.uk (en inglés).
- ↑ "Spotify Increases its price". Spot Sungs. Consultado o 4/8/2023.
- ↑ "How to get Spotify Premium for free". spotifyauthority.com. Consultado o September 07, 2023.