Content-Length: 102858 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_(comunidade)

Igrexa (comunidade) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Igrexa (comunidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Igrexa é un determinado «conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas cristiás»[1]. Aplícase o termo en plural (as igrexas), especialmente no ámbito ecuménico, ás diversas formas institucionais do cristianismo. En galego, o termo "Igrexa" refírese polo xeral á Igrexa Católica, por ser a de maior presenza e importancia históricas en Galicia.

Conceptos similares

[editar | editar a fonte]

Os diferentes grupos cristiáns sosteñen diferentes doutrinas sobre o que é a "verdadeira e única Igrexa" estabelecida por Xesús Cristo. Tanto a Igrexa Católica como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais considéranse a elas mesmas como dita "verdadeira e única Igrexa" ("a" Igrexa).

Outros grupos protestantes consideran que dita igrexa, única e verdadeira, é o conxunto de todos os cristiáns, a "igrexa cristiá", e que todos os grupos cristiáns son igrexas lexítimas que forman parte da primeira, malia as súas diferenzas: isto é o coñecido como "denominacionalismo"

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para igrexa.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_(comunidade)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy