Saltar ao contido

Pato arlequín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pato arlequín
Histrionicus histrionicus

Macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Histrionicus
Lesson, 1828
Especie: H. histrionicus
Nome binomial
Histrionicus histrionicus
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

O pato arlequín[2] (Histrionicus histrionicus) é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Histrionicus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1828 polo cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson.[3][4]

A especie fora definida por Linneo en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas histrionica.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como o epíteto específico derivan do latín histrio, -ōnis, "histrión", "actor", "comediante",[5] en alusión á súa fermosa plumaxe.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceusse tamén polo sinónimo:[3]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[3][4]

  • Histrionicus histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758)
  • Histrionicus histrionicus pacificus Brooks, 1915

Características

[editar | editar a fonte]

É un pato cun deseño brillante e fragmentado da plumaxe, que é un sutil camuflaxe nas augas claras e móbiles.

Cría xunto a regatos e ríos fríos e rápidos, alimentándose dos insectos acuáticos pousados sobre rochas.

O seu voo é potente e baixo, seguindo os cursos de auga.

Tras a cría migra á mar, onde se mergulla en busca de bivalvos e crustáceos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Encóntrase na América do Norte setentrional, na Rusia oriental, no sur de Groenlandia e en Islandia.[1]

En Europa occidental rexistráronse exemplares divagantes.[1]

As áreas de invernada están moi agrupadas, e a especie mostra unha fidelidade ao sitio moi alta (o 95 % das femias rastrexadas por radio permaneceron na mesma rexión na que foron marcadas [As áreas de invernada están moi agrupadas, e a especie mostra unha fidelidade ao sitio moi alta (o 95% das femias rastrexadas por radio permaneceron na mesma rexión na que foron marcadas),[6] o que fai que a especie sexa vulnerábel aos impactos de grandes verteduras de petróleo. O número de aves invernantes foi un 25 % menor nas áreas rexistradas tras a vertedura do Exxon Valdez, e aínda mostraba taxas de supervivencia reducidas entre os 11 e os 14 anos despois do incidente, o que suxire unha contaminación crónica por petróleo. Estímase que a recuperación total despois do catastrófico verquido do Exxon Valdez levará 24 anos.[6]

A especie tamén está ameazada polo desenvolvemento de estrururas hidroeléctricas que resultan no desvío e colmatación dos ríos.[7][8] A introdución a grande escala do salmón do Atlántico (Salmo salar) e da troita (Salmo trutta) pode provocar a competencia polas larvas e as pupas da mosca negra, a principal fonte de alimento deste pato. Na década de 1930 o visón americano (Neovison vison) introduciuse na área de distribución europea e puido ter reducido o éxito reprodutivo, aínda que o impacto non se cuantificou.[7]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábe baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).</ref name=U/>

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Histrionicus histrionicus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consutada o 4 de novembro de 2022.
  2. A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consutado o 4 de novembro de 2022.
  4. 4,0 4,1 Histrionicus histrionicus (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consutada o 4 de novembro de 2022.
  5. Histrionicus no Merriam-Webaster Dictionary.
  6. 6,0 6,1 Samuel A. Iverson & Daniel Esler (2010): "Harlequin Duck population injury and recovery dynamics following the 1989 Exxon Valdez oil spill". Ecological Applications 20 (7): 1993-2006.
  7. 7,0 7,1 Tucker, G. M. & Heath, M. F. (1994): Birds in Europe: their conservation status. Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 0-9468-8829-9.
  8. Carboneras, C.& Kirwan, G. M. (2013): "Harlequin Duck (Histrionicus histrionicus). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds. Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-9655-342-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy