Des Moines (do francés: Os monxes) é a capital e a cidade máis extensa do estado do Iowa (Estados Unidos). Foi incorporada o 22 de setembro de 1851 como o Forte Des Moines, ata que foi acurtado a "Des Moines" en 1857. A área metropolitana que abarca 5 condados ocupa o lugar 92 no país en termos de poboación de acordos a cálculos do 2006 con 534.230 residentes segundo o United States Census Bureau.

Modelo:Xeografía políticaDes Moines, Iowa
Des Moines (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoDes Moines River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°35′27″N 93°37′15″O / 41.5908, -93.6208
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoIowa
County of Iowa (en) TraducirCondado de Polk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Condado de Polk (pt) Traducir (1845–)
Iowa (1857–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación214.133 (2020) Editar o valor en Wikidata (911,25 hab./km²)
Número de fogares85.667 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaDes Moines metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:709.466) Editar o valor en Wikidata
Superficie234,987171 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,0899 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude291 m Editar o valor en Wikidata
Creación1843 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataConnie Boesen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50301-50340-50310 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico515 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webdmgov.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: DesMoinesGov Editar o valor en Wikidata

Des Moines é un gran centro para as compañías aseguradoras e ten tamén unha base de bo tamaño de servizos financeiros e negocios editoriais. A revista Forbes Magazine deulle a Des Moines o cuarto lugar na lista de "Mellores Lugares para os Negocios" no 2007. Recentemente, Das Moines experimentou un crecemento rápido nos suburbios da parte sur e oeste e estase convertendo rapidamente nunha área metropolitana grande e nun centro nacional para os negocios financeiros. A estrada interestatal 235 pasa pola cidade así como tamén a interestatal 35 e interestatal 80.

Historia

editar

Des Moines foi fundada en maio de 1843 cando o capitán James Allen construíu un forte onde os ríos Des Moines e Racoon converxen. Allen quixo chamarlle Forte Racoon, pero o Departamento Americano para a Guerra obrigoulle a chamarlle Forte Des Moines. O nome orixinal de Des Moines non está claro. Podería facer referencia ao río de Moingonas, chamado así pola tribo india que vivía nesa zona. Outros cren que é polos monxes trapistas, algúns dos cales vivían en covas próximas ao río. Outros, con todo, conectan Des Moines con De Moyen, en francés no medio, dada a súa localización entre o Río Mississippi e o Missouri.

Os colonos instaláronse cerca do forte e, o 25 de maio de 1846, o forte Des Moines converteuse no asento de Polk County. O 22 de setembro de 1851 foi incorporado como cidade, e a súa carta magna foi aprobada o 18 de outubro. En 1857, o nome "Forte Des Moines" foi acurtado a "Des Moines" e converteuse na capital de Iowa, abandonando a Iowa City como antiga capital. Cara a 1900, Des Moines era a cidade máis poboada con 62.139 habitantes. En 1907, a cidade adoptou un Goberno de Comisión de cidade coñecido como o plan Des Moines, nomeando un alcalde electo e 4 comisionados que eran responsables de traballos públicos, propiedade pública, seguridade pública e finanzas. Esta forma de goberno foi abolida en 1950 a favor dun goberno de xerente de consello.

Como moitas cidades, Des Moines comezou a perder poboación aos suburbios, contando con 208.982 habitantes en 1960. A construción do Sistema de autoestradas interestatais durante finais dos 1950 e comezos dos 1960 facilitou o acceso aos suburbios.

Des Moines protagonizou moitos titulares durante a gran inundación de 1993. Fortes choivas durante xuño e xullo causaron o aumento do caudal dos ríos Des Moines e Racoon por encima dos diques. Esta inundación deixou a unhas 250.000 persoas sen auga corrente durante 12 días e sen auga potable durante 20 días.

A maior zona de construción é o centro. O novo Centro de Ciencias de Iowa e o Centro de Eventos de Iowa foron abertos en 2005, mentres que a nova á central da Biblioteca Pública de Des Moines, deseñada por Davis Chipperfield, foi aberta o 8 de abril de 2006. Moitos rañaceos convertéronse en lofts para solteiros.

A área metropolitana de Des Moines sufriu tamén un boom, en especial os suburbios do oeste, que teñen ao redor de 50.000 persoas e é o fogar do Centro Jordan Creek, a tenda máis grande de Iowa, incluíndo un novo campus que estará terminado en 2007.

Xeografía e clima

editar

De acordo ao United States Census Bureau, a cidade ten unha área total de 200.1 km. cadrados. Deles, 196.3 son terra e 3.8 auga.

En novembro do 2005, os votantes de Des Moines aprobaron unha medida que permite á cidade anexarse certas parcelas de terra nas esquinas sur, nordés e sueste de Des Moines, particularmente áreas que limitan coa estrada estatal 5 e a federal 65.

Area metropolitana

editar

A área metropolitana de Des Moines consiste de cinco condados centrais: Polk, Dallas, Warren, Madison e Guthrie. A área tiña unha poboación de 481,394 habitantes de acordo ao censo do ano 2000 e estímase que no 2006 a poboación era de 534.230 habitantes. Antes de que as áreas metropolitanas fose redefinidas no 2003, a área metropolitana de Des Moines consistía soamente dos condados Polk, Dallas e Warren.

Suburbios

editar

Os suburbios de Des Moines inclúen Altoona, Ankeny, Bondurant, Carlisle, Clive, Grimes, Indianola, Johnston, Norwalk, Pleasant Hill, Polk City, Urbandale, Waukee, West Des Moines e Windsor Heights.

Demografía

editar

De acordo ao censo do ano 2000 había 198.682 persoas, 80.504 fogares e 48.704 familias residindo na cidade. A densidade de poboación era de 1.012 hab/km². Había 85.067 unidades habitacionais cunha densidade media de 433,3/km². A composición racial da cidade era 82,29% de brancos, 8,07 de negros ou afroamericanos, 0,35% de nativos, 3,50% de asiáticos, 0,05% das illas do Pacífico, 3,52% doutras razas e 2,23% de dúas ou máis razas. O 6,61% da poboación eran hispanos ou latinos.

Había 80.504 fogares dos cales 29,5% tiñan fillos menores de 18 anos vivindo con eles, 43,7% eran parellas casadas vivindo xuntos, 12,6% tiñan ama de casa sen un esposo presente e 39,5% non eran familias.

Na cidade a poboación está dispersada así: 24,8% menores de 18 anos, 10,6% de 18 a 24 anos, 31,8% de 25 a 44, 20,4% de 45 a 64 e 12,4% con 65 anos ou máis. A idade media era 34 anos. Por cada 100 mulleres había 93,8 homes. Por cada 100 mulleres de 18 anos ou máis había 90,5 homes.

O ingreso media por fogar era 38.408 dólares EUA, e o ingreso medio por familia era de 46.590 dólares EUA. Os homes tiñan un ingreso media de 31.712, contra 25.832 para as mulleres. O ingreso per capita da cidade era de 19.467 dólares EUA. Preto do 7,9% das familias e 11,4% da poboación estaban por baixo da liña de pobreza incluíndo 14,9% daqueles menores de 18 e 7,6% daqueles con 65 anos ou máis.

Economía

editar

Des Moines é a sede de tres importantes empresas americanas: "Principal Financial Group", empresa de servizos financeiros; "Meredith Corporation" de publicidade e "Ruan Transportation", unha empresa de transportes.

Outras corporacións importantes como Wells Fargo, Grupo ING ou John Deere realizan importantes negocios en ou cerca da área metropolitana. A revista Forbes clasificou a Des Moines como o 11º "Mellor Lugar de Negocios" en 2006.

Cidades irmandadas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy