Abel Janszoon Tasman, nado na vila de Lutjegast, provincia de Groninga en 1603 e finado en 1659, foi un explorador holandés famoso polas súas viaxes realizadas entre 1642 e 1644, ao servizo da Vereenigde Oostindische Compagnie (VOC - Compañía Holandesa das Indias Orientais).

Modelo:BiografíaAbel Tasman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Abel Janszoon Tasman Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1603 Editar o valor en Wikidata
Lutjegast, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1659 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Iacarta, Indonesia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNavegante e explorador Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, navegante, autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1632 Editar o valor en Wikidata - 1659 Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido
valor descoñecido , morte Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4681951 WikiTree: Tasman-3
Rutas de Tasman

Traxectoria

editar

Foi o primeiro europeo que chegou xunto á súa expedición á illa de Van Diemen, hoxe coñecida como Tasmania, e a Nova Zelandia. Ademais trazou mapas dunha gran parte das costas de Australia. O seu traballo foi investigar o territorio coñecido como "Nova Holanda", hoxe Australia, da que os holandeses descubriran a costa oeste e debían determinar se a zona pertencía á Terra Australis. A VOC esperaba que Tasman puidese localizar un novo e inexplorado continente con fins comerciais.

Para facer isto, entre 1642 e 1643, navegou por primeira vez, partindo do porto de Iacarta (antes coñecido como Batavia) o 14 de agosto de 1642, con dous pequenos barcos chamados "Heemskerck" e "Zeehaen" (galo do mar), primeiro ata a illa Mauricio (onde permaneceu por dous meses), e logo con rumbo leste, máis aló das latitudes que foran exploradas polos holandeses. Por este camiño, pasou de longo o continente australiano, pero, finalmente, o 24 de novembro de 1642, descubriu a illa de Tasmania, á que chamou "Terra de Van Diemen"; posteriormente os colonizadores británicos cambiáronlle o nome. Logo de investigar a zona, embarcouse e navegou máis cara ao leste, descubrindo Nova Zelandia, á cal chamou "Staten Landt", coa teoría de que estaba conectada con algunha parte da Illa dos Estados, ao sur da Arxentina. Logo navegou cara ao norte seguindo a costa da Illa Sur, ancorando os seus barcos na baía Golden. Alí atopouse cun grupo de maorís, quen asasinaron a 4 dos seus mariñeiros; por iso chamou ao lugar "Baía dos asasinos". Saíu da illa e navegou cara ao norte, cruzando o Estreito de Cook que a separaba da Illa Norte. Tasman estaba convencido de que Nova Zelandia era parte da Terra Australis. No seu regreso a Batavia, descubriu o arquipélago de Tonga, o 21 de xaneiro de 1643.

Na súa segunda viaxe, en 1644, seguiu a costa sur de Nova Guinea, cara ao leste. Atravesou o Estreito de Torres que a separa de Australia e continuou a súa viaxe ao longo das costas australianas. Nesta viaxe trazou un primeiro mapa costeiro desta zona.

Desde o punto de vista da VOC, as exploracións de Tasman foron decepcionantes, xa que non atopara unha área promisoria para o comercio nin unha ruta marítima nova. Por máis dun século, ata a era de James Cook, Tasmania e Nova Zelandia, non foron visitadas novamente polos europeos. Australia foi visitada pero xeralmente por accidente.

Abel Tasman faleceu en 1659 en Batavia (hoxe Iacarta), deixando á súa esposa Jannetje e á súa filla Claesgen, do seu primeiro matrimonio.

Honras

editar

Como moitos outros exploradores, o nome de Tasman foi honrado en moitos lugares. Entre eles:

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy