O aguaneiro ou aguaneira[Cómpre referencia] tamén chamado rato do almiscre, toupa de río e toupeira da auga,[2] (Galemys pyrenaicus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae que habita nas zonas montañosas do norte da Península Ibérica e sur de Francia. É un insectívoro semiacuático que habita as proximidades de regatos e torrentes, de hábitos principalmente nocturnos, cuxa signo de identidade máis característico é o seu fociño con forma de trompeta.

Aguaneiro
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Talpidae
Subfamilia: Talpinae
Tribo: Desmanini
Xénero: Galemys
Kaup, 1829
Especie: G. pyrenaicus
Nome binomial
Galemys pyrenaicus
(É. Geoffroy, 1811)
Distribución Galemys pirenaicus
Distribución Galemys pirenaicus

Distribución Galemys pirenaicus

Características

editar

A aguaneira aseméllase anatomicamente a outros animais como a rata, a toupa ou o furafollas. De aí lle veñen os sobrenomes de rata de auga, toupa de auga etc.

As patas traseiras lembran as da rata; son robustas e áxiles, e úsaas para moverse axiña pola auga. A parte dianteira do corpo é semellante á dunha toupa; as patas dianteiras están adaptadas para escarvar buracos e facer tobeiras onde criar a súa prole e poñerse a salvo dos seus predadores. O fociño é semellante ao do furafollas, cunha trompa moi desenvolvida que lle serve para atopar as larvas das que se alimenta. É un órgano moi perfeccionado, indispensable para a súa supervivencia, e posúe unha glándula de almiscre no arranque caudal.

Historia natural

editar

É un animal moi discreto, polo non é doado de ver. Nútrese principalmente de larvas acuáticas sensibles á polución (larvas de tricópteros, plecópteros e efemerópteros) e de crustáceos. Por esta razón é considerado como un indicador da limpeza e a saúde das augas nas que habita. É unha das 79 especies catalogadas como vulnerables pola World Conservation Monitoring Centre.[1][3]

Distribución

editar

A toupa de río vive en regatos e lagos do norte da Península Ibérica; norte de Portugal, Galicia, Montes Cantábricos, Pireneos e en determinadas zonas do Sistema Central. Habita tamén nos Pireneos franceses.[1]

Comportamento

editar

Son animais bastante territoriais, que forman parellas estables que controlan territorios de entre 200 e 400 metros de canle. Para obter as súas presas suxéitanse ao fondo do curso acuático coas fortes unllas de pés e mans, mentres escarva co fociño entre os pelouros do fondo do río.[4] O seu período de celo dáse entre os meses de novembro e maio, e as femias paren dúas veces ao ano, con camadas de 1 a 5 crías por parto.[5]

Ameazas

editar

O hábitat do aguaneiro é moi vulnerable; as principais ameazas son a contaminación da auga e a fragmentación do seu hábitat debido á construción de centrais hidroeléctricas e encoros, e a extracción de auga. Nalgunhas zonas é perseguido pola errónea crenza de que é daniño para a pesca. A introdución dos visóns americanos (Neovison vison) en Galicia influíu negativamente nas súas poboacións.[1]

Subespecies

editar

Coñécense dúas subespecies de toupa de río.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Insectivore Specialist Group (1996). Galemys pyrenaicus. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 de maio de 2006. Listado coma Vulnerable (VU B1+2c v2.3)
  2. Rey, Manuel. Gciencia, ed. "A toupa de río loita pola súa supervivencia". Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Desmán ibérico na web Vertebrados Ibéricos
  4. Mamíferos de España, de Fco. J. Purroy y Juan M. Varela, Pág. 26. ISBN 84-87334-97-0
  5. Galemys pyrenaicus en Fauna Ibérica
  6. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2009. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy