Chámase arame[1] a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade de ductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son: ferro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes de bronce e latón. Caracterízase por ser un bo condutor da electricidade,[2][3] ademais de ser un bo condutor da calor.[3]

Arame de espiño.

Características e tratamentos

editar
 
Arame de cobre. Cable eléctrico.

Hai moitos tipos e calidades de arame de acordo coas aplicacións que teñan. Asemade, o diámetro do arame é moi variable e non hai un límite exacto cando un fío pasa a denominarse barra no canto de arame. A principal característica do arame é que permite enrolarse en rolos ou bobinas de diferentes lonxitudes que facilitan a súa manipulación e transporte.[4]

O arame de cobre emprégase para fabricar cables eléctricos, así que o arame máis usado industrialmente é o que se fai de aceiro e de aceiro inoxidable.

O arame normal de aceiro adoita ter un tratamento superficial de galvanizado para protexelo da oxidación e corrosión e tamén hai arame endurecido con proceso de revenimento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arame.
  2. Les conducteurs électriques, sur le site physique-chimie-college.fr
  3. 3,0 3,1 Définition de conducteur Arquivado 11 de agosto de 2018 en Wayback Machine., sur le site mediadico.com - consulté le 11 octobre 2012
  4. Swiger Coil Systems. "Edgewound Coils". Swiger Coil Systems, A Wabtec Company. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2011. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy