As artes gráficas son aquelas adicadas á elaboración de todo tipo de elementos visuais, fundamentalmente a técnicas de gravado e debuxo, aínda que adoita restrinxirse o termo ás técnicas relacionadas coa imprenta.

Artistas gráficas traballando na década de 1960.

Historia

editar

A expresión artes gráficas aparece trala invención dos tipos móbiles por Johannes Gutenberg cara a 1450, como forma de agrupar todos os oficios que se relacionaban coa impresión tipográfica, como era a acomodación dos tipos, a impresión, a encadernación, o terminado, e todas as variantes ou procesos adicionais que se lle facían ao material impreso.

Máis tarde aparece a litografía, un sistema de impresión desenvolvido por Aloys Senefelder, quen sabendo que a auga e o aceite repélense naturalmente, utilizo unha pedra calcaria e unha barra de cera para realizar unha impresión, co que revolucionou as artes gráficas, co paso do tempo a pedra foi cambiada por unha lámina de aluminio ou de cinc.

Debido á urxente necesidade de xerar impresións de mellor calidade aparece a preprensa ou fotomecánica. Esta nova parte do proceso de impresión utilizaba grandes maquinas, e cámaras especiais para dividir a cor das imaxes en CMYK (ciano, maxenta, amarelo e negro polas súas siglas en inglés: cyan, magenta, yellow, key); o termo Key ("chave") fai referencia á sobreimpresión do negro para mellorar a calidade do traballo.

E evoluciónase á impresión offset (fóra de lugar), a cal mellora significativamente a calidade da impresión ao utilizar un sistema indirecto, de tres cilindros.

Máis tarde acuñáronse outras formas de impresión como a serigrafía, a flexografía, o ocogravado ou rotogravado, entre moitos outras.

Actualmente inclúese a impresión de dixital, e grazas ao avance tecnolóxico e as novas tecnoloxías os procesos que se necesitaban para realizar un traballo reducíronse, hoxe en día cando nos referimos á arte nas artes gráficas faise referencia case que exclusivamente ao deseño gráfico, debido a que o demais deixou de ser arte para converterse en técnica.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy