Bernardo Bermúdez Jambrina

actor e escritor galego

Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado en Donostia o 27 de febreiro de 1883 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918[1][2], foi un actor e escritor galego.

Modelo:BiografíaBernardo Bermúdez Jambrina

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de La Carriona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1747736 Find a Grave: 100309545 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do capitán Domingo Bermúdez Grille, naceu en Donostia, pero trasladouse coa familia a Coruña con pouco máis dun ano, onde se iniciou como actor. Participou na Escola Rexional de Declamación, da que foi director artístico até 1905. Nese ano declamou o monólogo La Huega, orixinal de Galo Salinas, nun teatro da Coruña. Despois pasou a formar parte da compañía de Enrique Borrás coa que fixo unha xira por América. Chegou a ser memorable en América. O 18 de outubro de 1908 foi homenaxeado pola colonia galega da Habana. Regresou a España en 1917.

Escribiu poemas en galego. Colaborou en Coruña Moderna, Eco de Galicia, Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. En 1913 publicou como folleto o poema "Renacimiento". Foi redactor do periódico La Lucha. Ramón Fernández Mato recolleu os seus versos e publicounos en Galicia en 1919.

Faleceu por mor dun accidente de tráfico nunha viaxe entre Avilés e Castrillón cando estaba facendo unha xira por Asturias, e soterrárono en Avilés.

 
Miña rula de Bernardo Jambrina e Joaquín Zon como homenaxe da Asociación Iniciadora e Protectora da RAG a Ramón Armada Teixeiro, na Habana en 1922.

Vida persoal

editar

Casou coa actriz Eloísa Muro.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy