Carmen Álvarez
política galega
Carmen Álvarez, nada en 1889, foi unha propagandista agraria galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarLigada ao Directorio Antiforista de Teis, foi unha activista na campaña antiforal de 1909. Con vinte anos participou nos mitins e reunións antiforistas xunto con Elena Estévez. Caracterizábase por unhas intervencións cheas de forza nas que amais de atacar o caciquismo, tentaba convencer as mulleres da necesidade de incorporarse a unha loita na que se libraba a vida de Galicia e a emigración dos seus fillos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "ÁLVAREZ, Carmen". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.