Caronte (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Caronte (en grego antigo Χάρων Khárôn, ‘brillo intenso’) era o barqueiro do Hades, o encargado de guiar as sombras errantes dos defuntos recentes dun lado ao outro do río Aqueronte se tiñan un óbolo para pagar a viaxe, razón pola cal na Antiga Grecia os cadáveres soterrábanse cunha moeda baixo a lingua. Aqueles que non podían pagar tiñas que vagar cen anos polas ribeiras do Aqueronte, até que Caronte accedía a levalos sen cobrar.

Caronte, ilustración de Gustave Doré para A Divina Comedia de Dante.
Artigo principal: Óbolo de Caronte.

Aínda que con frecuencia se di que transitaba polo río Estixia, como suxire Virxilio na súa Eneida (libro VI, 369), segundo a maioría das fontes incluíndo a Pausanias (x.28) e máis tarde Dante (Inferno) o río que realmente transitaba Caronte era o Aqueronte.

Caronte era o fillo de Érebo e Nix. Represéntase como un ancián fraco e berrador de roupaxes escuras e con anteface (ou, en ocasións, como un demo alado cun martelo dobre) que elixía aos seus pasaxeiros entre a xente que se amontoaba na orela do Aqueronte, entre aqueles que merecían un enterro adecuado e podían pagar a viaxe (entre un e tres óbolos). N´As ras, Aristófanes mostra a Caronte esputando insultos sobre a xente obesa.

Era moi raro que Caronte deixara pasar a un mortal aínda vivo. Heracles, cando descendeu aos Infernos sen ter morto, non chegaría a pasar de non empregar toda a súa forza para obrigalo a cruzar o río, tanto á ida como á volta. Caronte foi encarcerado un ano por deixar pasar a Heracles sen obterlle o pago habitual esixido aos vivos: unha rama de ouro que proporcionaba a sibila de Cumas. Virxilio narra na Eneida (libro VI) o descenso de Eneas aos Infernos acompañado de dita sacerdotisa.

Outro mortal que logrou cruzar dúas veces vitorioso o Aqueronte é Orfeo, quen encantou a Caronte e a Cérbero para traer de volta ao mundo á súa amada morta, Eurídice, a quen perdeu definitivamente na súa viaxe de volta. Psique tamén logrou facer a viaxe de ida e volta estando viva.

Homero e Hesíodo non fan ningunha referencia ao personaxe. A primeira mención de Caronte na literatura grega parece ser un poema Minio, citado por Pausanias. Dito poema atribúelle á lenda de Caronte unha orixe exipcia, como confirma Diodoro Sículo. Os etruscos mencionan tamén un Caronte que acompañaba a Marte aos campos de batalla.

Dante Alighieri incorporou a Caronte na mitoloxía cristiáA Divina Comedia (libro III, liña 78). Aquí era o mesmo que o seu equivalente grego, pagándoselle un óbolo para cruzar o Aqueronte. É o primeiro personaxe con nome que Dante encontra no inferno, aparecendo no terceiro Canto do Inferno.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy