Elaine de Kooning

pintora estadounidense


Elaine Marie Catherine Fried, coñecida como Elaine de Kooning, nada en Brooklyn o 12 marzo de 1918 e finada en Southampton o 1 de febreiro de 1989, foi unha pintora e escultora estadounidense, expoñente do expresionismo e expresionismo abstracto.[1][2][3]

Modelo:BiografíaElaine de Kooning

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Elaine Marie de Kooning Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Elaine Marie Fried Editar o valor en Wikidata
12 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Southampton, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreen River Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoBranco estadounidense Editar o valor en Wikidata
EducaciónLeonardo da Vinci Art School (en) Traducir (1936–1937)
Erasmus Hall High School (en) Traducir (1932–1936)
Black Mountain College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Albuquerque
Manhattan Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, debuxante arquitectónica, escultora, ilustradora, gravadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBlack Mountain College Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato e Arte abstracta Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto Editar o valor en Wikidata
AlumnosKermit Oliver (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeWillem de Kooning (1943–) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDirectory of Southern Women Artists
American Women Artists, Past and Present: A Selected Bibliographic Guide (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: e1a3b6b3-17da-4773-bf35-e301a3f6f738 Find a Grave: 3809 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Foi a maior de catro fillos de Charles Frank Fried e Marie Ellen O'Brien, creceu no barrio de Sheepshead Bay en Brooklyn.[4] [5] A súa sensibilidade artística foi fomentada pola súa nai, que a levaba ao Metropolitan Museum of Art e aos espectáculos de Broadway.[5]

A finais da década de 1920, a súa nai foi trasladada a un centro psiquiátrico e Elaine fíxose cargo da súa irmá e dos seus dous irmáns máis pequenos.[1]

Formación

editar

Despois de graduarse na Erasmus Hall High School e seguir estudos no Hunter College de Nova York,[5] en 1937 asistiu á Escola de Arte Leonardo da Vinci en Hoboken, Nova Jersey.[1] Durante este período, embarcouse en iniciativas políticas de esquerda, xunto co artista Milton Resnick, co que tivo unha relación.[1] En 1938 continuou os seus estudos na American Artists School de Nova York e ingresou na Young Communists League. Para apoiar os seus estudos, traballou como modelo para artistas.[1]

Carreira

editar

En decembro de 1943 casou co artista Willem de Kooning, adoptando o nome de casada Elaine de Kooning, que sería o seu nome artístico.[5]

En 1948 pasou a ser editora da revista Art News, onde repasou as obras de artistas como Arshile Gorky, Hans Hofmann, Franz Kline, Mark Rothko ou Josef Albers.

En 1952 fixo a súa primeira exposición individual na Stable Gallery de Nova York.[3] [5]

En 1957, tras anos de matrimonio tumultuoso, feito de traizóns e problemas de alcoholismo, os dous cónxuxes separáronse, aínda que non se divorciaron legalmente.[1] [3]

En 1962 recibiu o encargo da Casa Branca de pintar un retrato do presidente John F. Kennedy,[5] que se converteu nunha das súas obras máis importantes e coñecidas. Despois do asasinato do presidente, de Kooning deixou de pintar durante un ano.[1] [3]

Máis tarde seguiu unha carreira como profesora e deu conferencias na Universidade de Yale, no Pratt Institute, na Carnegie Mellon University, no Wagner College e na Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, e na Parsons School of Design de Nova York e París.[3] [5] Grazas á gran cantidade de traballo, de Kooning decidiu deixar de beber definitivamente, e tamén convenceu ao seu marido, co que se reunira mentres tanto,[3] para que asistise aos grupos de alcohólicos anónimos.[1]

Durante a década de 1980, viaxou polo mundo continuando dando clases, en Exipto, Kenya, China, Xapón e varios países de Europa.[1]

Pasamento

editar

Elaine de Koonig era unha grande fumadora. En 1987, o cancro obrigoulle a extirparse un pulmón. Morreu aos setenta anos en 1989.[1]

editar

Foi interpretada por Janet Sheen na miniserie Kennedy de 1983.[6]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "More Information ; A Finding Aid to the Jackson Pollock and Lee Krasner papers, circa 1914-1984, bulk 1942-1984 ; Digitized Collection". www.aaa.si.edu ; Archives of American Art, Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 
  2. ULAN Full Record Display (Getty Research)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "U.S. Department of State - Art in Embassies". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  4. "Elaine de Kooning Paintings, Bio, Ideas". The Art Story. Consultado o 2023-02-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Glueck, Grace (1989-02-02). "Elaine de Kooning, Artist and Teacher, Dies at 68". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-25. 
  6. "Kennedy". 1983-11-20. Consultado o 2023-02-26. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy