Nacionalismo aragonés
O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formada polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.
Os principais partidos nacionalistas son Chunta Aragonesista, Puyalón (abertamente independentistas) e o Partido Aragonés (nacionalismo moderado), aínda que tamén houbo outros como Iniziatiba Aragonesa ou Estado Aragonés.
Historia
editarDende o comezo do século XVIII, no que Aragón perde definitivamente a súa independencia política, a sensación dunha unidade nacional é considerada de diversos xeitos pola poboación aragonesa, aínda que en ningún intre déixanse de ter claras as características que forman o territorio e o pobo aragonés, froito da continuidade multisecular de Aragón como reino soberán.
Non obstante, non será até o século XX, en 1919, cando o nacionalismo aragonés xorde a partir das primeiras formulacións dun grupo de inmigrantes aragoneses en Barcelona,[1] os cales organizáronse arredor da Unión Aragonesista, a agrupación da Xuventude Aragonesista de Cataluña e a revista El Ebro. Esta última foi a principal referencia histórica onde se expuxo o primeiro discurso aragonesista, liderado por Gaspar Torrente e por Julio Calvo Alfaro.
Notas
editar- ↑ "Aragonesismo". Gran Enciclopedia Aragonesa. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013.
La emigración aragonesa, principalmente la de Barcelona, jugaría un papel importante en el aragonesismo, dentro del que consolidarían elementos claramente nacionalistas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nacionalismo aragonés |
Bibliografía
editar- Forcadell Álvarez, Carlos (1998). "Las fantasías históricas del aragonesismo político". Nacionalismo e Historia. Zaragoza: 'Institución Fernando el Católico', Deputación de Zaragoza. ISBN 84-7820-467-9.. Consultable na rede: "Nacionalismo e Historia" (pdf). Consultado o 8 de novembro de 2011.
- "Aragonesismo". Gran Enciclopedia Aragonesa. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013.
- Torrente, Gaspar (1988). Edición propia, ed. Cien años de nacionalismo aragonés. Cuadernos de Cultura Aragonesa, nº 6. ISBN 978-84-404-3232-2.