Iparralde

territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa
(Redirección desde «País Vasco francés»)

Iparralde[1] (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.

Modelo:Xeografía políticaIparralde

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′18″N 1°21′00″O / 43.321619, -1.349944
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación301.389 Editar o valor en Wikidata (101,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.956 km² Editar o valor en Wikidata

O Iparralde comprende aproximadamente a metade occidental do departamento francés dos Pireneos Atlánticos, e está formado polas tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).

Ademais do francés, lingua oficial, fálase no seu territorio éuscaro. Malia non ter oficialidade, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.

A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados son Biarritz, Hendaia ou Maule.

Territorio

editar
 
En amarelo as tres provincias que forman o País Vasco francés.

O departamento dos Pireneos Atlánticos divídese en tres distritos (arrondissements): Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. O País Vasco francés comprende por completo o de Baiona e os cantóns de Tardets-Sorholus e Mauléon-Licharre no de Oloron-Sainte-Marie.

O País Vasco francés comprende tres territorios históricos existentes antes da división departamental de Francia en 1789, e desde o antigo Reino de Navarra con certas modificacións.

  • Lapurdi (Labourd en francés, Lapurdi en éuscaro, Labord en gascón). Baiona considérase convencionalmente parte de Labort, pero deixou de pertencer a este no século XIII. Municipios que se consideran parte de Lapurdi e que forman parte dos Consellos de Electos e Desenvolvemento do País Vasco francés, pero que non pertenceron á Lapurdi histórica, son Boucau (pertencente a Las Landas até 1857) e Bardos, Guiche e Urt (unidas administrativamente a Lapurdi en 1763, pero dependendo xudicialmente do senescal de Came, é dicir, de Bidache). Lapurdi atópase na súa totalidade no distrito de Baiona.
  • Zuberoa (Soule en francés, Zuberoa en éuscaro): Situado máis ao interior, ao sueste de Lapurdi, Zuberoa é montañoso e ten numerosas vilas rurais.
  • Baixa Navarra (Basse-Navarre en francés, Nafarroa Beherea en éuscaro): Abrangue a zona entre os Pireneos e a rexión de Baiona.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para éuscaro.

Véxase tamén

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy