Saguia el Hamra (en árabe: الساقية الحمراء as-Sāqīya al-Hamrā´), é con Río de Oro un dos dous territorios que formaban a antiga provincia española (antes de 1969, colonia) do Sáhara Español. Ocupaba o seu parte norte e tiña unha superficie aproximada de 82.000 km². A súa denominación provén do torrente do mesmo nome, que desembocaba, cando levaba auga, uns quilómetros ao oeste do Aaiún, no seu porto.

Saguia el Hamra, entre Cabo Juby e o paralelo 26º N.

Do cabo Bojador partía a liña divisoria coa veciña antiga provincia de Río de Oro, coa cal o paralelo 26º servíalle como fronteira sur. O paralelo 27º40' era a súa fronteira norte co territorio de Cabo Juby, pertencente ao Protectorado Español de Marrocos segundo o tratado franco-español de 1912. A súa fronteira oriental no interior era o meridiano 8º40' Oeste de Greenwich.

A capital era O Aaiún. No interior áchase a cidade de Esmara e máis ao leste e, xa preto da fronteira con Mauritania, a poboación máis pequena de Bir Lehlu, considerada polo Fronte Polisario capital provisional da República Árabe Saharauí Democrática, mentres a capital constitucional segue baixo a administración da Monarquía alauí.

Véxase tamén

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy