Satur Grech
Saturnino Grech Pomares, máis coñecido como Satur Grech, nado en Alacante o 6 de xuño de 1914 e finado en Palma o 31 de xullo de 2001, foi un futbolista e adestrador español.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1914 Alacant, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 31 de xullo de 2001 (87 anos) Palma, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como futbolista no Poble Nou de Barcelona, pasando despois polo Murcia, a UE de Sants, o Espanyol, o Sabadell e o Cartagena. En 1942 fichou polo Mallorca, onde militou durante varias tempadas, antes de pasar ao Arenas de Zaragoza e ao Constància, onde colgou as botas en 1949.
Iniciou a súa carreira como adestrador no propio Constància, pasando logo polo Mallorca en dúas etapas. En xaneiro de 1954 colleu as rendas da UD Las Palmas, coa que conseguiu o ascenso á primeira división por segunda vez na historia do club.[1] Continuou durante tres tempadas máis no equipo canario, conseguindo sempre a permanencia.
En 1957 chegou ao Sevilla, ao que dirixiu en varios partidos da Copa de Europa, e máis tarde pasou polos bancos de Hércules, Mallorca, Atlético Baleares, Cartagena e Tenerife. En 1965 converteuse no novo adestrador do Racing de Ferrol,[2] co que se proclamou campión da Terceira División e logrou o ascenso á Segunda despois de varios anos de ausencia. Estivo á fronte do equipo durante dúas tempadas máis, e tras pasar polo Lleida e o Compostela,[3][4] regresou ao Racing para a tempada 1971/72, pero foi destituído despois de só oito partidos, cun balance dun empate e sete derrotas. Por último adestrou de novo o Constància antes de retirarse.
Notas
editar- ↑ "U.D. Las Palmas. Historia" (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Satur Grech, nuevo entrenador del Club". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de xullo de 1965. p. 13. Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Juncosa, del Lérida, primer entrenador cesante". El Pueblo Gallego (en castelán). 3 de outubro de 1968. p. 16. Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Firmo Satur Grech". El Pueblo Gallego (en castelán). 31 de maio de 1969. p. 13. Consultado o 17 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).