Serra do Faro

montaña de Galicia

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e mais tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla. Está unida polo norte á serra do Farelo.

Modelo:Xeografía físicaSerra do Faro
Imaxe
Monte Faro visto dende San Cristovo.
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaComarca de Deza, España e Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°37′17″N 7°53′52″O / 42.6214, -7.8979
Características
Altitude1.187 m Editar o valor en Wikidata
Monólito con poema de Johan de Requeixo no monte Faro.

Características

editar

Presenta unha dirección NL-SO e nela dominan as rochas graníticas moi fracturadas. Divídese morfoloxicamente en tres grandes bloques, o superior situado a 900 metros, o central a 800 metros e o inferior a 700 metros. O monte Faro, con 1187 metros é a máxima altura. Outros cumes destacados son Piorno (1059 metros), Penas Grandes (1026 metros), Cabeza (968 metros), Pena de Francia (914 metros) e Cantelle (896 metros).

A serra do Faro presenta tres ecosistemas diferenciados. O principal é o constituído por monte baixo, predominando os toxos, fentos, carpazas, queirogas e xestas e no que habitan os coellos, lebres, lobos, raposos e toupas, alén de cotovías, lavercas, paspallás, pombas e ferreiros. Nas valgadas aparece o bosque caducifolio, composto por carballos, cerquiños, bidueiros e abruñeiros, xunto con arandeiras, cabaciñas ou xaboeiras. Por último, o monocultivo de piñeiros constitúe o terceiro ecosistema.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy