Sistemas biolóxicos
Os sistemas biolóxicos son conxuntos de entidades bioloxicamente interrelacionadas que operan en diferentes niveis no fenómeno da vida. O tamaño dos sistemas biolóxicos varía desde grandes poboacións de organismos, até sistemas orgánicos menores como o sistema circulatorio, o respiratorio e o nervioso, ou estruturas menores como órganos e células, e mesmo a niveis microscópicos ou nanoscópicos como os complexos macromoleculares.[1]
Sistemas biolóxicos e sistemas vivos
editarA diferenza dos 'sistemas vivos', que son entidades completas que exhiben todas as características da vida,[2] os sistemas biolóxicos poden non constituír por si mesmos unha forma de vida, senón que son partes ou procesos dentro de organismos vivos ou grupos de organismos. Por exemplo, unha célula pode ser ambos simultaneamente: é un sistema biolóxico, debido á interacción dos seus compoñentes internos, e un sistema vivo, pola súa capacidade de funcionar de forma independente como unha entidade viva completa. Esta dualidade é fundamental para a bioloxía, xa que as células son as unidades básicas da vida en todos os organismos pluricelulares e unicelulares.
Sistema orgánico
editar- Artigo principal: sistema orgánico.
Os seres humanos e moitos outros organismos animais están construídos por varios sistemas de órganos, algúns deles chamados aparellos.
Notas
editar- ↑ "Biological system - Definition and Examples - Biology Online Dictionary". Biology Articles, Tutorials & Dictionary Online (en inglés). 2021-12-10. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ Áínda que ás veces se usan de xeito indistinto, un ser vivo é un organismo individual que cumpre con todas as características da vida, como plantas ou animais, mentres que un sistema vivo pode referirse tanto a unha parte dun ser vivo, como os seus sistemas orgánicos, ou a un grupo de seres vivos que interaccionan, como nun ecosistema.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sistemas biolóxicos |
Outros artigos
editar Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |