USB

sistema de conexión de periféricos ó ordenador

O USB (siglas de Universal Serial Bus; bus universal en serie, en galego) é un sistema de conexión de periféricos ó ordenador.

Conector USB macho.

Características

editar

Os chamados 'discos USB' ou 'flash drives' inventáronse en IBM no 1998, sendo a súa alternativa de almacenamento ós diskettes para os seus portátiles Think Pad. O invento foi patentado despois pola empresa contratada por IBM para a súa produción, a empresa israelí M-Systems[1].

O sistema USB ten un deseño asimétrico, que consiste nun só servidor e múltiples dispositivos conectados en serie para ampliar a gama de conexión, mediante unha estrutura de árbore, e utilizando concentradores especiais. Permite a conexión de ata 127 dispositivos simultaneamente pero a suma debe incluír aos concentradores tamén, así que o total de dispositivos realmente usables é algo menor.

O interface USB permite conectar e desconectar os periféricos co ordenador acendido e sen precisar reiniciar o sistema (Plug and Play). A versión 1.1 permite velocidades de transmisión de datos de ata 12 Mbit/s mentres que USB 2.0 permite velocidades de ata 480 Mbit/s. A versión 3.0 multiplica por dez a velocidade da súa predecesora, acadando 5 Gbit/s Foi deseñado principalmente por Intel.

  1. "Adiós, disco USB...". Enrique Dans. Consultado o 13/05/2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy