Saltar ao contido

Adiantado maior do Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Adiantado Maior do Reino de Galicia»)
Sartego de Pai Gómez Chariño, Adiantado Maior de Galicia no século XIII.

O adiantado maior do Reino de Galicia foi un representante do rei de Castela e León no Reino de Galicia que substituíu a figura do meiriño maior do Reino de Galicia. Esta figura implantouna Afonso X o Sabio en 1263, cinco anos despois de tela experimentado na propia Castela, en León e en Murcia. As súas funcións aparecen descritas no "Espéculo"[Cómpre referencia].

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Concentraba poderes militares, podendo chamar as tropas dos condes e cabaleiros do reino. Así mesmo, "face xustiza por obra", isto é, non só executa sentenzas senón que axuíza e goberna o Reino no nome do Rei, velando polo mantemento da orde pública.

Como encarnación do monarca no Reino de Galicia tiñan dereito a "copa" e "xantar" e recadaban dereitos "pro suo iudicato". Con Sancho IV alternáronse adiantados e meiriñños, estes con menos poder. As crises políticas protagonizadas en Galicia e León polo Infante don Juan e o infante don Filipe, fixo desta figura peza clave nos conflitos de entón[Cómpre referencia]. Un dos adiantados maiores máis célebres foi Pai Gómez Chariño. Outros adiantados maiores foron: Xoán Afonso de Alburquerque, Fernán Ruíz de Castro, (sostedores das pretensións de Juán de la Cerda á coroa de Galicia, León e Sevilla consonte a repartición de 1296), Diego García de Toledo e Rodrigo Álvarez de Asturias.

As Cortes de Valladolid de 1312 impuxeron aos adiantados os alcaldes nomeados polo rei para a impartición de xustiza. Xa nas Partidas a figura teórica do adiantado carecía de funcións estritamente xurisdicionais. En 1313 as Cortes de Palencia avogaron pola volta ao sistema de meiriños. Debido á axitación social do século XV, a figura foi substituída pola do Gobernador-Capitán Xeneral do Reino de Galicia con amplos poderes, cargo no que se inspiraron nas súas atribucións os vicerreis de Indias tralo descubrimento de América.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy