Saltar ao contido

Lárice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Larix»)

Os lárices son árbores pertencentes ao xénero Larix, coníferas da familia das pináceas tamén chamados alerces. O xénero contén unhas trece especies.

Son árbores caducifolias, coas follas aciculares, macías, verdes, brillantes, en grupos de fascículos de 15 a 40 sobre braquiblastos; as agullas tórnanse amarelas e caen a finais do outono, saíndo das árbores defoliadas co inverno. Os lárices miden entre 15 e 50 m de altura; son as plantas dominantes nos inmensos bosques boreais de Rusia e do Canadá.

En Galicia só aparecen coma ornamentais en xardíns e arboredos coma en Lourizán.

Especies e clasificación

[editar | editar a fonte]

Hai 10-14 especies; aquelas marcadas cun asterisco (*) na listaxe inferior non son aceptadas coma especies distintas por todas as autoridades. No pasado, a lonxitude da bráctea do cono a miúdo usouse para dividir os lárices en dúas seccións (secc. Larix con brácteas curtas e secc. Multiserialis con brácteas longas), mais a evidencia xenética[1] non apoia esta división, apuntando no canto disto a unha división xenética entre as especies do Vello Mundo e do Novo Mundo, sendo o cono e mais o tamaño da bráctea meras adaptacións ás condicións climáticas. Estudos xenéticos máis recentes propuxeron tres grupos dentro do xénero, cunha división primaria entre as especies de América do Norte e as Eurasiáticas, e unha división secundaria das eurasiáticas entre as especies de brácteas curtas setentrionais e especies de brácteas longas meridionais;[2] hai certa disputa sobre a posición do Larix sibirica, unha especie de bráctea curta que se atopa no grupo de bráctea curta por algúns dos estudos e no grupo de bráctea longa por outros.

Conos masculino (arriba) e feminino (abaixo á dereita) do lárice do Xapón emerxendo na primavera.

Setentrional, bráctea curta

[editar | editar a fonte]

Meridional, bráctea longa

[editar | editar a fonte]
Lárice europeo: follaxe e conos.

América do Norte

[editar | editar a fonte]

A meirande parte das especies, senón todas, poden hibridarse en cultivo. O híbrido máis coñecido é o Abeto híbrido de Dunkeld Larix × marschlinsii (sin. Larix × eurolepis, un nome non lexítimo), que xurdiu máis ou menos simultaneamente en Suíza e Escocia cando o lárice europeo (L. decidua) e o lárice do Xapón (L. kaempferi) hibridaron cando estaban plantados xuntos.

O lárice úsase coma planta de alimentación polas larvas dunha serie de especies de lepidópteros. O lárices inclínanse por padecer a enfermidade antracnose fúnxica Lachnellula willkommii (Antracnose do lárice); esta é particularmente un problema nos lugares que tenden a ter xeadas serodias na primavera, que causan feridas menores ás árbores, permitindo a entrada das esporas do fungo.

  1. Gernandt & Liston 1999
  2. Semerikov & Lascoux 1999; Wei y Wang 2003, 2004; Gros-Louis et al. 2005
  3. "Larix olgensis". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy