Saltar ao contido

Unicode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unicode é un estándar de codificación e exhibición de caracteres que foi proxectado para facilitar o tratamento informático, transmisión e visualización de textos en variadas linguaxes e sistema de escrita, cuxo contido posúe conxuntos de gráficos de código para referencia visual, un método de codificación e unha táboa para caracteres estándar, un conxunto de arquivos de datos da referencia e un número de elementos atinentes ós código, como propiedades, regras para normalización, descomposición, colación, exposición, e orde de exhibición bidireccional (para amosar de forma correcta o texto, tanto os escritos da esquerda para dereita coma os de dereita para esquerda).[1][2]

O desenvolvemento foi polo Unicode Consortium e o Universal Coded Character Set (UCS). Represéntase con tres tipos de codificación, UTF-8, UTF-16 e UTF-32, segundo o número de bits necesarios para identificar cada carácter. Unicode asigna un número (e un nome) a cada carácter de xeito independente ao programa, plataforma ou lingua. Unicode cobre case todas as escritas en uso, ademais das escritas históricas xa extintas e símbolos en especial os matemáticos e os musicais. A primeira versión (1991), baseada na codificación de 16 bit tiña capacidade para codificar 65.536 caracteres, mentres que a Unicode 4.1 aproxímase ao millón. Hai dezasete planos e 262 bloques, nos que se atopan os signos.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy