Organización para a Cooperación Islámica
Organización para a Cooperación Islámica | |
---|---|
Acrónimo | OCI e OIC |
Tipo | organización internacional, organización intergobernamental e organización islámica |
Data de fundación | 25 de setembro de 1969 |
Presidente/a | Hissein Brahim Sem Taha (pt) (2020-) |
Organización subsidiaria | Statistical, Economic and Social Research and Training Centre for Islamic Countries, OIC-StatCom, Organização do Mundo Islâmico para Educação, Ciência e Cultura, OIC Council of Foreign Ministers e Research Centre For Islamic History, Art and Culture |
Sede | Jeddah |
País | Arabia Saudita |
Na rede | |
http://www.oic-oci.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Organización para a Cooperación Islámica (OCI, en árabe:منظمة التعاون الإسلامي, en francés: Organisation de la coopération islamique, até 2011 coñecida como Organización da Conferencia Islámica (en árabe:منظمة المؤتمر الإسلامي, en francés: Organisation de la Conférence Islamique), é un organismo internacional que agrupa aos estados de confesión musulmá, que foi creado en 1969 durante a Conferencia de Rabat e formalizada dous anos despois. A súa sede está en Jeddah (Arabia Saudita). Conta con cincuenta e sete membros, incluíndo á representación da Autoridade Nacional Palestina.
As súas accións circunscríbense á actividade colaborativa entre os seus membros, sobre todo na loita contra o imperialismo, o neocolonialismo e a emancipación de Palestina. Historicamente celebráronse diversos congresos que contribuíron co seu desenvolvemento: Lahore (1974), A Meca (1981), Casablanca (1984), Kuwait (1987), Dakar (1991). A súa repercusión é menor que a da Liga Árabe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Organization of the Islamic Conference Arquivado 04 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Islamic Conference, documentos e información (en inglés)