Parisii
Os Parisii eran un pobo galo que vivía na actual rexión parisiense. Segundo César (53 a. de C.), a súa cidade principal (oppidum) sería Lutetia.
Un pobo celta da illa de Bretaña que leva o mesmo nome sería orixinario da tribo dos Parisii instalada en Galia. Instalouse no Yorkshire leste en Gran Bretaña na época da Idade de Ferro.[1]
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Esta cidade é por tradición localizada en París, mentres que o seu subsolo intramuros non achegou aínda mobiliario protohistórico desta época. Unha posible explicación a este enigma foi atopada recentemente. A favor das escavacións vinculadas á autoestrada francesa A 86, atopáronse en Nanterre pegadas dunha moi importante cidade protourbana (máis de 15 ha, ou sexa, o dobre da illa da Cidade (Île de la Cité) en París), con tumbas de guerreiros.
Os Parisii de Galia
[editar | editar a fonte]A tribo gala dos Parisii instalouse na rexión no transcurso do século III a. de C. O primeiro pobo chamouse Loukteich, que significa "pantano" na lingua celta dos galos. Máis tarde a pequena cidade tomou o nome de Lucotecia e logo Lutecia.[2]
Durante a conquista romana de Galia, os Parisii participaron no movemento de resistencia a César organizado por Vercingétorix en -52. Os Parisii acuñaron moedas de ouro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) Os Parisii asentados na illa de Bretaña
- ↑ Bruno Dell, Histoire de Paris, collection des merveilles, Éditions Hatier, Paris : 1992.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- (en francés) Venceslas Kruta, Les Celtes, histoire et dictionnaire, éditions Robert Laffont
- (en francés) Xavier Delamare, Dictionnaire de la langue gauloise, éditions Errance
- (en francés) Pierre Hubac, Carthage, éditions Bellenand, 1952
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parisii |