Content-Length: 94992 | pFad | http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paz_Parada_Pumar&action=info

Paz Parada Pumar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Paz Parada Pumar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaz Parada Pumar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Canedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2005 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulio Freijanes Malingre Editar o valor en Wikidata
Fillos8 Editar o valor en Wikidata


Necrolóxica de Paz Parada Pumar en La Región.

María Paz Parada Pumar, nada en Canedo (Ourense) o 23 de febreiro de 1905 e finada en Ourense o 17 de xullo de 2005[1], foi unha médica galega, especialista en análise clínica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla dun veterinario e sobriña do pintor Ramón Parada Justel. Fixo o bacharelato no Instituto provincial de Ourense. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, alí fixo os dous primeiros anos da carreira sacando matrícula de honra co anatomista Alejandro Rodríguez Cadarso. Na carreira era a única muller entre sesenta estudantes. Rematou a carreira en Madrid. Foi vivir a Ourense, sendo a primeira muller inscrita do Colexio Provincial de Médicos. Dirixiu un laboratorio privado de Análises Clínicas ata a súa xubilación. Foi nai de oito fillos.[2]

A Consellaría de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Prata ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2000.[3][4] Morreu en Ourense o 17 de xullo de 2005, xa centenaria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Cid Galante, Rosa María (2/3/2009). "Paz Parada Pumar". Historia das nosas mulleres ourensás. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paz_Parada_Pumar&action=info

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy