8 de xaneiro
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 8 de xaneiro é o 8º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 357 días para finalizar o ano, 358 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1297 - Independencia do Mónaco.
- 1805 - A Colonia do Cabo, na Suráfrica, tórnase colonia británica
- 1815 - Fin da guerra entre os Estados Unidos e o Reino Unido a través do Tratado de Ghent. Nova Orleáns: os británicos foran derrotados por forzas norteamericanas lideradas por Andrew Jackson e por piratas liderados por Jean Laffite.
- 1889 - Herman Hollerith patenta a súa máquina de tabulación, que foi usada pola primeira vez para compilar dados dun censo nos Estados Unidos.
- 1959 - Fidel Castro entra na Habana, capital de Cuba, após derrubar o 1° de xaneiro, Fulgencio Batista (que fuxiu para o exilio), e asume o poder en Cuba.
- 1959 - O xeneral Charles De Gaulle é chamado para asumir o goberno de Francia, ao cal renunciara en 1946. O país estaba á beira dunha guerra civil.
- 1986 - fundase a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.
- 1992 - Péchanse as comportas do encoro de Lindoso, Portugal, e a auga comeza a asolagar ás aldeas de O Vao e Buscalque, no concello de Lobios.
- 1996 - Morre François Mitterrand, que gobernou Francia de 1981 a 1995, con 79 anos. vítima de cancro de próstata. Fora o primeiro social-demócrata a asumir o poder nun país europeo.
- 2006 - Mehmet Ali Ağca, autor do atentado a bala contra o papa Xoán Paulo II, sae da prisión na Turquía.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1601 - Baltasar Gracián, escritor español (m. 1658).
- 1823 - Alfred Russel Wallace, xeógrafo e naturalista inglés (m. 1913).
- 1853 - Bernardo Rodríguez Ribeira, escritor e xornalista galego (m. 1924).
- 1859 - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense (m. 1925).
- 1867 - Emily Greene Balch, escritora estadounidense, premio Nobel da Paz en 1946 (f. 1961).
- 1870 - Miguel Primo de Rivera, ditador español (m. 1930).
- 1874 - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (m. 1945).
- 1891 - Walther Bothe, físico alemán.
- 1891 - Xosé Tobío Mayo, escritor galego (m. 1971).
- 1910 - Jos van Amelsvoort, compositor neerlandés (m. 2003).
- 1921 - Leonardo Sciascia, escritor italiano (m. 1989).
- 1933 - Juan Marsé, novelista catalán.
- 1934 - Jacques Anquetil, ciclista francés (m. 1987).
- 1935 - Elvis Presley cantante estadounidense (m. 1977).
- 1938 - Flora Veiga, mestra e política galega
- 1942 - Stephen Hawking, físico teórico inglés.
- 1947 - David Bowie, músico inglés.
- 1950 - Argimiro Rojo, sociólogo e politicólogo galego.
- 1951 - John McTiernan, director e produtor estadounidense.
- 1957 - Bieito Iglesias, escritor galego.
- 1963 - Francisco Caamaño, político galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1198 - Papa Celestino III (n. 1106).
- 1324 - Marco Polo, explorador italiano que chegou á China (n. 1254).
- 1337 - Giotto, pintor italiano (n. 1266).
- 1538 - María de Aragón, raíña de Portugal (n. 1482).
- 1642 - Galileo Galilei, matemático e físico italiano (n. 1564).
- 1713 - Arcangelo Corelli, violinista e compositor italiano (n. 1653).
- 1879 - Baldomero Espartero, militar e político español (n. 1793).
- 1896 - Paul Verlaine, poeta francés (n. 1844).
- 1922 - Antonio Sanjurjo Badía, empresario e inventor galego (n. 1837).
- 1925 - George Bellows, pintor e litógrafo estadounidense (n. 1882).
- 1950 - Joseph Schumpeter, economista austro-estadounidense (n. 1883).
- 1976 - Zhou Enlai, político chinés (n. 1898).
- 1996 - François Mitterrand, político francés (n. 1916).
- 1998 - Sonny Bono, cantante estadounidense (n. 1935).
- 2019 - Xosé García Oro, relixioso e historiador galego (n. 1931).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santa Margarida e San Severino.