Content-Length: 120861 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Aisha_Abd_al-Rahman

Aisha Abd al-Rahman - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aisha Abd al-Rahman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAisha Abd al-Rahman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) عائشة عبد الرحمن Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Damieta, Exipto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, ensaísta, xornalista, mufassir (en) Traducir, poetisa, académica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Ain Shams (1962–1970)
Universidade Al Quaraouiyine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMaryam al-Baghdadi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoSadeq Naihoum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmīn Khūlī Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:1) Editar o valor en Wikidata


Aisha Abd al-Rahman (en árabe: عائشة عبد الرحمن), nada en Damietta o 18 de novembro de 1913 e finada no Cairo o 1 de decembro de 1998, foi unha escritora e profesora exipcia, coñecida co pseudónimo de Bint al-Shati ("Filla da Ribeira").

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Damietta[1], onde o seu pai daba clase no Instituto Relixioso de Domyat. Con dez anos a súa nai levouna á escola mentres o pai viaxaba. Pese á oposición paterna, a nai levouna a El Mansurah, e posteriormente Aisha estudou Lingua e literatura árabe na Universidade do Cairo, graduándose en 1939 e conseguindo un mestrado en 1941.

En 1942 comezou a traballar de inspectora de ensino de literatura árabe para o Ministerio de Educación de Exipto. En 1950 doutorouse e comezou a traballar como profesora de literatura árabe na Facultade Feminina da Universidade de Ain Shams.[2]

Escribiu ficción e biografías das primeiras mulleres musulmás, como Aminah bint Wahb (a nai) e as mulleres e irmás do profeta Mahoma. Tamén fixo crítica literaria.[3] Foi a segunda muller moderna en facer unha exexese do Corán. Non se considera a si mesma feminista, mais as súas obras reflicten a idea de que as mulleres teñen máis capacidade de analizar as obras escritas por mulleres ca os homes, porque estes son "ignorantes do instinto feminino".[4]

Casou con Amin el-Khouli, profesor seu na Universidade do Cairo. Morreu logo dun ataque ao corazón.[5] Doou a súa biblioteca persoal para fins académicos, e en 1985 unha escultura coa súa figura foi erixida no Cairo.

Autora de "máis de corenta libros e cen artigos",[6] as súas publicacións destacadazs inclúen:

  • The Egyptian Countryside (1936)
  • The Problem of the Peasant (1938)
  • Secret of the Beach and Master of the Estate: The Story of a Sinful Woman (1942)
  • New Values in Arabic Literature (1961)
  • Contemporary Arab Women Poets (1963)
  1. "Obituary: Aisha Abdul-Rahman". The Independent (en inglés). 15 de decembro de 1998. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  2. Parry, Melanie (ed.) (1996): Larousse Dictionary of Women. Larousse.
  3. Zeidan, Joseph T. (1995): Arab Women Novelists: The Formative Years and Beyond. State University of New York Press.
  4. Roded, Ruth (Maio de 2006). "Bint al-Shati’s Wives of the Prophet: Feminist or Feminine?". British Journal of Middle Eastern Studies 33 (1). pp. 51–66. 
  5. Associated Press (2 de decembro de 1998): "Prominent Egyptian Islamic writer, Abdul-Rahman dies at 85".
  6. Mattar, Philip (2004): Encyclopedia of the Modern Middle East & North Africa: A-C, Macmillan Reference USA, p. 475

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Aisha_Abd_al-Rahman

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy